60 medallas para os viños galegos nos premios Bacchus 2023

Publicidade
60 medallas para os viños galegos nos premios Bacchus 2023

Os viños galegos lograron 60 medallas no XXI Concurso Internacional de Viños Bacchus 2023, celebrado do 17 ao 21 de abril en Madrid.

Máis de 1.700 viños participaron na cata concurso organizada pola UEC (Unión Española de Catadores) ante un gran elenco de catadores profesionais, xornalistas especializados, catadores, enólogos, Masters of Wine e Masters of Sommelier internacionais en representación vinícola do cinco continentes.

Lista de viños galegos premiados:

A Denominación de Orixe Rías Baixas conseguiu 31 medallas: 6 grandes ouros (Campillo Albariño 2022, La Val sobre lías 2026, Santiago Roma Selección 2021, Observador 2022, Finca Garabelos 2021 e Señorío de Rubiós Albariño 2022), ademáis de 22 ouros e 3 medallas de prata. Nesta DO. Tamén recadeu o premio Vinofed ao mellor branco español que recaeu en Observador 2022 da adega Enoturismo Acha SL.

A DO Ribeiro logrou 13 medallas, cun gran ouro (A Telleira Godello 2022), nove ouros (Treixadura 2022, Nobre 2021 e Godello 2021 da adega Ramón do Casar; Pazo Tizón 2021, Catro Parroquias 2022, Gotas de Mar Barrica 2021, Gran Alanís 2022, Amadeus 2022 e Tamborá Godello 2021) e tres pratas (Torre del Olivar Expresión 2022, Deseu 2022 e Cuñas Davia 2022).

Valdeorras logrou 6 medallas: catro ouros (Guitián Barrica 2021, Maruxa Godello 2022, Joaquín Rebolledo Godello 2022 e Luar de Sil Vides de Córgomo 2021)  e 2 pratas (Val do Galir Godello, 2022 e Luar do Sil sobre lías).

Monterrei obtivo 4 galardóns: tres medallas de ouro (Alma de Blanco 2022, Vega de Lucía Mencía 2020 e Mara Martín 2022) e unha prata para Vega de Lucía Godello 2022. 

Das catro medallas de Ribeira Sacra (3 ouros e 1 prata), dous ouros foron para viños do grupo ourensán Adegas Galegas (Pasal de Esile 2021 e Matilda Nieves 2022).

Ribeiras do Morrazo foi a única IXP galega que obtivo medalla: un ouro para Marzal 2022.

Concurso Bacchus

Bacchus é o único concurso internacional de viños en España que pertence na actualidade a VINOFED, a federación que integra aos máis reputados concursos a nivel mundial. A iso únese o feito de estar recoñecido pola Organización Internacional da Viña e o Viño (OIV) e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA) de España. Tres organismos de prestixio que confirman a Bacchus como referente mundial.

Consulta aquí a listaxe completa de viños premiados no concurso Bacchus 2023

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información