O deputado Daniel García destacou que a publicación foi deseñada para ser un recurso durante as visitas, pero tamén serve como ferramenta educativa sobre a relevancia do sector rural na produción de alimentos en distintos contextos educativos ou informativos.
Na actual terceira edición do programa "Da Escola á Granxa", participan 34 granxas e proxectos de emprendemento repartidos por toda a provincia, abarcando unha ampla variedade de actividades que inclúen desde a produción de froitas e hortalizas ata a cría de diferentes tipos de gando e a elaboración de produtos lácteos, queixos, marmeladas, embutidos, galletas e o envasado de produtos autóctonos.
As granxas que se incorporaron ao programa este ano foron gandeiría de ovino de Ana Pérez Boo, en Abadín, a gandería de vacún de leite Mantoño, en Barreiros, a produción apícola O Trobo, no Valadouro, a granxa de porco celta en extensivo Porco Celta de Outeiro, en Castro de Rei, a gandería de vacún autóctono e ecolóxico de Lois Varela Carreira, en Palas de Rei, a granxa de porco celta e horticultura Froitos da Horta A Ruliña, en Carballedo, a queixería e produción de vacún de leite Puluán en Monforte e a gandaría de angus Granxa Angus do Campo, en Castroverde.
Súmanse a outros proxectos que xa recibiron visitas nas pasadas edicións: Cooperativa A Carqueixa ( ganderías IXP Tenreira Galega) de Cervantes, A Casa da Fonte (produtos lácteos con pastoreo en extensivo) de Ferreira de Pantón, Airas Moniz (queixaría e lácteos artesáns), Arqueixal (queixaría e lácteos ecolóxicos), Avicava Natur SC (cabrún e vacún en extensivo) Casa Bértolo SC (agricultura e gandaría sostidas pola comunidade) de Friol, Caurelor (castañas, marmeladas e mel) de Quiroga, Casa Labradela (porco celta, mel e vacún cabalar) de Xove, Champivil (envasado de produtos autóctonos e naturais) de Vilalba, Daveiga Galletas Mariñeiras de Chantada, El País del Abeyeiro (apicultura tradicional e ecomuseo) de Negueira de Muñiz, Embutidos Suarna de Navia de Suarna, Gandería Alejandro Salvatierra (gando en extensivo), Gandeíra Quintián (queixaría e vacún de leite) do Páramo, Granxa Aeiroá (granxa avícola e ovella galega) de Láncara, Granxa Teixeiro e Pistón (cabrún e cabalar en extensivo) de Becereá, Milhulloa (herbas medicinais e cosmética) de Antas de Ulla, SAT Lodos e Pérez (vacún leiteiro en extensivo), SAT O Palomar (vacún leiteiro), Sen Máis -As Vacas da Ulloa (leite e lácteos ecolóxicos) de Palas de Rei, Terras da Mariña (produción de Faba de Lourenzá) de Lourenzá, Muvicla museo de maquinaria agrícola, gando vacún e mazás en ecolóxico) de Láncara, Pazo de Vilane (granxa avícola e produción de ovos) de Antas de Ulla e Traloagro (gando vacún e avícola ecolóxico) de Friol. Tamén fan parte da oferta educativa Tropic Gaia e ADEGA, que farán obradoiros de horta e de educación ambiental nos propios centros.
"Da Escola á Granxa" proporciona subvencións a través de concorrencia competitiva a asociacións de nais e pais de centros educativos de infantil e primaria, especialmente aqueles situados en municipios con menos de 20.000 habitantes. Estas subvencións, que oscilan entre os 300 e os 900 euros, están destinadas a financiar tanto as actividades educativas nas granxas como o desprazamento necesario para chegar a elas.
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial ten previsto aprobar este venres a resolución da convocatoria, onde se publicará a listaxe de asociacións de nais e pais beneficiarias das actividades deste ano. As actividades programadas desenvolveranse ata finais de ano, seguindo un calendario previamente coordinado entre as asociacións e as granxas participantes.