Xornadas de Desenvolvemento Rural “Do Imposible ao Posible” no Courel

imposiblePosiblePORTADAO deputado de Medio Rural, Mar e Mocidade Daniel García inaugurou as I Xornadas de Desenvolvemento Rural Do Imposible ao Posible, organizadas pola Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo na Estación Científica de Seoane do Courel.

O responsábel provincial abriu o encontro, orientado ao intercambio de recursos, experiencias e coñecemento entre persoas interesadas en desenvolver iniciativas produtivas e vitais no rural. Daniel García sinalou que “o apoio ao intercambio de experiencias e a vontade de crear rede entre as persoas que apostan por desenvolver a súa actividade profesional e vital no rural é un do eixos dos proxectos impulsados desde a área Rural da Vicepresidencia de Lugo, porque compartimos a idea de que queda moito por facer para o desenvolvemento pleno do potencial existente no rural, tamén nos espazos de montaña” e puxo como exemplo iniciativas como o programa “Da Escola á Granxa” que, ademais de achegar escolares a proxectos de emprendemento no rural, crea sinerxias entre as ganderías e producións participantes”.

Ao longo da xornada, interviron representantes de proxectos de transformación agroalimentaria en distintos puntos de Galiza como Mel de Outurelos, Amarelante, Cervexas Píntega ou A Carqueixa. E de proxectos comunitarios que impulsan iniciativas colectivas de aproveitamento do territorio e de comercializacion de produtos agroalimentarios como a Comunidade de Montes en Man Común de Carballo ou a Asociación de Gandeiros de A Fonsagrada, ou a Asociación Galega de persoas e entidades comercializadoras Terra,

As xornadas contaron tamén cun espazo de networking e unha mesa con proxectos de turismo sostible coa participación de Jimena Santalices de Cabanas Ancares, Lourdes Abuíde de Casa Chaín e Lucía Canoura de Lugar das Marías.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información