O grupo operativo supra-autonómico VARROAFORM, liderado por FEUGA, celebrará, o vindeiro xoves 9 de setembro ás 11h, o webinar divulgativo final do proxecto cos principais resultados obtidos e unha exposición dos traballos realizados na obtención das novas alternativas en apicultura fronte á varroa. Os asistentes tamén poderán coñecer as avaliacións tanto en laboratorio como nos apiarios experimentais.
Iniciado en 2019 cun orzamento de máis de 400.000 euros, o proxecto nace co obxectivo de proporcionar ao sector apícola un tratamento alternativo co que facer fronte ás graves perdas económicas provocadas pola varroatose. Esta enfermidade, causada polo ácaro Varroa destrutor, é unha das principais preocupacións dos apicultores a nivel global, xa que pode provocar taxas de mortalidade nas colmeas de até o 100%.
Data e hora: xoves 9 de setembro, 11 h
Lugar: webinar online a través de ZOOM
Inscrición gratuíta no seguinte link: https://forms.gle/87fMzs4tNVaxUavFA
VARROAFORM é un proxecto de innovación cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020. Orzamento total do proxecto: 415.440,3 eur, Subvención total: 379.920,3 eur.