A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

‘Unidos por ti’, campaña de Ucoga de apoio ó agro

A correduría de seguros galega Ucoga, especializada no sector agrario, lanzou un vídeo en redes sociais en apoio ó traballo do agro durante o coronavirus. Ucoga destaca o esforzo de gandeiros e agricultores, que está a cobrar especial importancia durante a crise do coronavirus.

O vídeo fala do optimismo e paixón do colectivo de profesionais do agro, do seu esforzo, “que non entende de días festivos e festas”, e remata concluíndo que é preciso que toda a sociedade “coidemos a quen nos sustenta”.

Sobre Ucoga
Ucoga naceu no 2013 a partir da iniciativa de varias cooperativas galegas do agro. Desde a súa creación, a correduría de seguros experimentou un crecemento continúo de dobres díxitos anuais en clientes e facturación. O cerne do seu traballo é o sector agrario, pero nos últimos anos extendeu o seu negocio a outras áreas e dá tamén cobertura ás pólizas persoais dos seus clientes (veículos, vivendas, etc.).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información