A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Ucoga organizou o seu primeiro torneo solidario de pádel

Ucoga organizou o seu primeiro torneo solidario de pádel

A correduría de seguros galega Ucoga celebrou este mes o seu I Torneo solidario de pádel co fin de recadar fondos para o Banco de Alimentos Rías Altas.

Nesta primeira edición, competiron un total de dez parellas, correspondentes a nove compañías aseguradoras: Allianz, Mapfre, FiatC, Pelayo, Sanitas, Santalucía, AXA, Generali e Reale, así como unha parella de Ucoga. O formato consistiu nun todos contra todos do que saían dous grupos, Ouro e Prata.

Finalmente, a parella da compañía Reale impúxose á de Santa Lucia no Grupo Ouro e por tanto, foron campións do Primeiro torneo de pádel solidario Ucoga. Mentres, a compañía Fiatc impúxose no grupo Prata.

“Todo o equipo de Ucoga agradece o apoio recibido polas compañías, sen o seu esforzo e confianza non o conseguimos. Esperamos que esta sexa a primeira de moitas edicións”, sinala Iván Novo, director xeral da correduría galega.

Con este evento, e co apoio de todos os asistentes, conseguiuse achegar ao Banco de Alimentos Rías Altas máis de 1500 litros de leite e unha doazón directa de máis de 1500 euros en alimentos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *