A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Seguro para cultivos forraxeiros 2022

O prazo de contratación para o seguro de cultivos forraxeiros, como o millo, termina o 15 de abril

Seguro para cultivos forraxeiros 2022

Sementeira de millo. / Arquivo.

Dada a convulsa situación actual que vivimos, os cultivos forraxeiros están en boca da xente. En España somos grandes produtores deste tipo de cultivo, xerando ao redor de millón e medio de toneladas ao ano. En canto á superficie de cultivo, existen ao redor de 250.000 hectáreas, das cales ao redor dunhas 127.000 destínanse á deshidratación e o resto adícase ao autoconsumo de forraxe nas explotacións.

En Ucoga xestionamos un alto volume de contratacións neste tipo de póliza especializada. Entre estas contratacións, destacan especialmente os seguros que xestionamos para o millo forraxeiro.

Somos especialistas en seguros para o sector agroalimentario e temos asesores especializados en Agroseguro. Coñecemos o sector e ofrecemos un trato profesional con amplo coñecemento das necesidades de cada explotación.

Neste artigo resumímosche as claves da Liña 315 para o seguro de cultivos e explotacións de cultivos forraxeiros.

Que cultivos se poden asegurar dentro da liña 315?

Dentro desta liña pódense asegurar as explotacións de millo forraxeiro, alfalfa forraxeira, veza forraxeira e outros cultivos.

Tamén entran nesta categoría de seguro as sementes forraxeiras e as producións de palla dos cultivos de cereais de inverno (trigo duro e tritordeum, trigo brando, cebada, avea, centeo, triticale e mesturas) e dos pastos dedicados ao gando.

Asegurar unha hectárea de millo ten un custo que oscila entre 9 e 14 euros

Que danos cobre este seguro?

Contratar esta póliza garánteche o pago dunha indemnización (dentro dos límites marcados na normativa do contrato) polos danos sufridos nas producións.

Este seguro cobre os danos que poida sufrir a produción. O seu custo é reducido, cunha prima facilmente asumible polo propietario da explotación.

Asegurar unha hectárea de millo pode oscilar entre 9 e 14 euros, e dá cobertura a riscos tan valorados como as Adversidades climáticas (como seca), fauna silvestre como o xabaril, pedrisco ou incendio. Tamén son asegurables a non nascencia e o resto de adversidades climatolóxicas.

A contratación deste seguro garante a cobertura desde o momento de sementeira, cunha carencia de 6 días, finalizando no momento da recolección.

millo ucoga

Cal é o prezo de produción?

Con respecto ao ano pasado, este ano elévase lixeiramente o prezo de produción por quilo. Pasa de 0,032 a 0,038 euros/kg.

Existen 3 módulos diferentes para adaptarse ás necesidades de cada explotación.

O módulo 1 e 2 teñen as mesmas coberturas cunha única diferenza: No Módulo 1, o cálculo da indemnización faise por explotación completa (Comarca) e no módulo 2 faise por parcela (exceptuando as coberturas de non nascencia e adversidades climáticas).

Nestes módulos 1 e 2, a produción vén determinada por AGROSEGURO en función dos rendementos máximo de cada zona e a superficie de cada parcela.

Un terceiro módulo, denominado Módulo P, non cobre a non nascencia nin o resto de adversidades climáticas. Neste módulo a produción é de libre fixación por parte do asegurado.

Podemos afirmar que o módulo máis contratado é o Módulo 2, xa que neste pódese calcular o dano por parcela afectada.

Cal é o período de contratación?

Nestes momentos e até o día 15 de abril, pódese contratar calquera dos 3 módulos. Desde Ucoga recomendamos este ano non deixar para última hora a contratación do seguro, xa que este ano os días 14 e 15 de abril coinciden en festivo nacional.

A partir do 15 de abril soamente estará dispoñible o módulo P, aberto até o 15 de Xullo do 2022. Estas garantías finalizan o 31 de outubro de 2022.

Que subvención ten este seguro?

A subvención que concede o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a través de ENESA, depende do módulo que se escolla. Estes son os apoios públicos á súa contratación:

Consulta con Ucoga a subvención que che corresponde en función das características da túa explotación. Ademais, informámosche das subvencións que poida conceder a túa comunidade autónoma.

subvencions poliza millo ucoga

Que restricións de cobertura existen?

  • Cobertura: Nos módulos 1 e 2, para o cultivo de millo forraxeiro e determinados riscos, o garantido será o 70% do valor da produción declarada polo asegurado. No módulo 2 este garantido só se aplica nos sinistros de non nascencia e resto de adversidades climáticas, ao resto de garantías aplícaselles franquía.
  • Mínimo indemnizable: Para cada risco, cultivo e módulo aplicarase un limiar mínimo de danos, entre o 10% e o 30%, por baixo do cal os danos non estarán cubertos.
  • Franquicias: Para cada risco, cultivo e módulo aplicaranse franquicias absolutas, entre o 10% e o 30%. Estas franquicias aplicaranse de forma independente para cada parcela ou de forma conxunta para o total da explotación, segundo risco e módulo.
  • Non entran nas coberturas os sinistros provocados por: Pragas e/ou enfermidades, seca (excepto para o millo forraxeiro da área I), fisiopatías ou os danos ocasionados por fermentación ou oxidación.

Máis información

Contar cun mediador especializado en seguros agrarios como o é Ucoga, aforrarache tempo e diñeiro, ademais de axilizar todos os trámites. Solicita información en Ucoga chamando a o 881 155 155, un asesor especializado atenderá todas as túas consultas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *