A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“A UE reducirá un 20% o uso de fertilizantes; vémolo posible sen baixar rendementos”

Esther Valdezate, técnica de Haifa Iberia, explica neste artigo as vantaxes da tecnoloxía CoteN MixTM, que en cultivos como o millo logra a optimización do aproveitamento dos nutrientes con respeto ao medioambiente

“A UE  reducirá un 20% o uso de fertilizantes; vémolo posible sen baixar rendementos”

“É hora de remodelar o mañá para pasar dun ideal a unha realidade”. Así se presenta a estratexia que a Unión Europea impulsa baixo o nome Da Granxa á Mesa. O seu obxectivo, conseguir un sistema alimentario sostible a longo prazo, con alimentos producidos con respeto ao medioambiente, alcanzables para o consumidor e que proporcionen rendementos xustos ao agricultor.

HAIFA granulos ue final copia

É unha estratexia para uns baseada máis nunha ideoloxía que nun fundamento científico, pois cuestiónase que poida garantir a seguridade alimentaria. Parte do sector entende que a UE está a poñer trabas á produción agraria con obxectivos como o de reducir un 20% a aplicación de fertilizantes para o 2030.

Esta estratexia Da Granxa á Mesa xa se comezou a trasladar á lexislación nacional en España. O Real Decreto de nutrición sostible, publicado o pasado mes de decembro de 2022, ten por obxecto regular os labores de fertilización e promover o asesoramento técnico aos agricultores para racionalizala.

Este decreto inclúe unha serie de medidas, como a creación dunha sección de fertilización no caderno de explotación ou a necesidade de implementar un plan de abonado, onde se deben ter en conta todas as fontes de achega de nutrientes e todos os nutrientes achegados por cada fonte.

Fertilización nitroxenada
A fertilización nitroxenada é a máis observada dentro desta normativa, co obxectivo de favorecer o uso de fertilizantes que produzan menos emisións de amoníaco. A urea atópase no foco principal da norma, que establece que “cando se utilice urea ou solucións nitroxenadas ureicas deberá empregarse, polo menos, un dos métodos indicados na parte B do anexo V ou calquera outro para o que se demostrou unha eficiencia similar á hora de reducir emisións de amoníaco”.

Estes métodos son nalgúns casos difíciles de levar a cabo, como o fraccionado, a inxección, o enterrado antes das catro horas tras a súa aplicación ao chan ou a incorporación mediante rega. Con todo, o anexo recolle o uso de urea recuberta dun polímero como método eficiente para reducir a velocidade de liberación e as emisións, o que podería permitir o cumprimento das esixencias da normativa sen ter que facer labores adicionais de incorporación ao terreo.

Coa nosa tecnoloxía, a urea libérase só en función da temperatura do solo. A máis calor, máis liberación, coincidindo coa etapa de maior desenvolvemento do cultivo

En Haifa levamos anos ofrecendo aos agricultores fertilizantes que conteñen urea recuberta cun polímero patentado por HAIFA. Debemos lembrar que xa no ano 1996 foi publicado o Real Decreto sobre protección de augas por contaminación de nitratos. Así, a tecnoloxía de CoteN MixTM é adecuada para o seu uso en zonas declaradas de augas vulnerables e ademais controla a liberación de nutrientes tal e como como esixe o Real Decreto de nutrición sostible actual.

Coa nosa tecnoloxía, a urea libérase só en función da temperatura do solo, de forma respectuosa co medio ambiente e moi eficiente para o cultivo, ao non depender de múltiples factores, como pH, bacterias do chan, etc.

Neste marco legal, en que se teñen en conta todas as achegas de nutrientes (incluídos aqueles contidos no chan) e onde se establece un límite á achega efectiva de nitróxeno en non máis dun 20% das necesidades calculadas de fertilización, debemos procurar que cada unidade aplicada mediante fertilizantes minerais sexa o máis eficiente posible, para poder manter ou aumentar os rendementos do cultivo.

A liberación de CoteN MixTM será maior canto maior sexa a temperatura do solo, coincidindo coas etapas de maior desenvolvemento do cultivo, o que permite reducir as perdas de nitróxeno e xerar maior rendemento de colleita por cada unidade aplicada.

Para coñecer a temperatura do chan de cada zona, Haifa dispón de sensores de temperatura que nos ofrecen os datos de liberación do noso nitróxeno nesa parcela ao longo de todas as fases de cultivo.

Fósforo e potasio
Aínda que o nitróxeno é un foco fundamental desta normativa, tampouco se esquece de regular as achegas de fósforo e potasio, que en ningún caso deben exceder os límites dun 30% e un 20% respectivamente dos valores calculados para cinco anos.

Así que se asoma ante nós a necesidade de axustar os equilibrios e doses dos fertilizantes que acheguen nitróxeno, fósforo e potasio para non exceder os límites de fertilización establecidos. Con CoteN MixTM somos capaces de axustar as nosas formulacións e doses ás necesidades de cada zona ou cliente, respectando os límites impostos polo Real Decreto de nutrición sostible.

É un Real Decreto cunha visión ideal de aplicar só o que se necesita, no momento en que se necesita. O obxectivo non é deixar de fertilizar, senón facelo dunha forma máis eficiente.

Se temos en conta, ademais, que estamos ante un crecemento mundial demográfico e que as terras de cultivo non van crecer, non cabe dúbida de que a produción media por unidade de superficie ten que ser cada vez maior para poder abastecer a esta poboación. Hai varias tecnoloxías de fertilizantes recubertos que achegan os macronutrientes necesarios para a planta, onde os necesita, pero en Haifa, a estratexia é ir máis aló para conseguir este incremento dos rendementos. Por iso, centramos ademais as nosas solucións de fertilización nunha visión 360º, que inclúe aplicacións foliares e bioestimulantes.

Bioestimulantes e aplicacións foliares
En determinadas ocasións o crecemento do cultivo é moi rápido e o chan non é capaz de suplir os requirimentos por baixa dispoñibilidade dos nutrientes. O cultivo queda “parado” e non se desenvolve de forma homoxénea, perdendo desde o inicio potencial de produción e atrasando o momento da colleita. Haifa Bonus e HaifaStim Booster aplicados vía foliar nos primeiros estadíos aseguran un correcto estado nutricional en todo momento, evitando as paradas por efecto dos herbicidas ou as baixas temperaturas.

Desde Haifa estamos comprometidos co sector e esperamos poder achegar os nosos coñecementos para que a aplicación do Real Decreto se traduza non só nunha redución das emisións e nun maior control das achegas, senón nunha maior rendibilidade de cada explotación. O noso compromiso é apoiar a un sector que, cada día, está lamentablemente máis demonizado, pero que demostrou sempre unha forte responsabilidade coa sustentabilidade e o coidado do medio ambiente.

Máis información

* Esther Valdezate Martin
Area Sales Manager Haifa Iberia
esther.valdezate@haifa-group.com
Contacto: 673 91 80 32

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *