A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

O emprego de ‘Polysulphate’ en mestura co abonado de fondo no millo confirma mellora de rendementos

ICL subliña o carácter natural do produto, que integra catro nutrientes básicos para os cultivos: xofre, potasio, calcio e magnesio

O emprego de ‘Polysulphate’ en mestura co abonado de fondo no millo confirma mellora de rendementos

Os ensaios de ICL sobre as parcelas de León dan un aumento de produción de 400kg/ha. / Fonte: ICL

Durante os dous últimos anos deuse a coñecer e estendeuse o uso en España do exclusivo fertilizante natural Polysulphate de ICL, un fertilizante natural que en cada grao incorpora os catro nutrientes básicos que necesitan os cultivos (xofre, potasio, magnesio e calcio), cun modo de acción que asegura a súa dispoñibilidade constante e prolongada no cultivo.

A clave deste fertilizante está en que a maioría destes nutrientes melloran a saúde da planta e a súa resistencia á estrés: o Xofre achega funcións de defensa e detoxificación; o Calcio dálle permeabilidade na membrana e mellora a asimilación de nutrientes; e o Potasio outorga unha regulación estomática, firmeza, estrutura das células e maior produción.

Pero o que fai verdadeiramente diferente e innovador a Polysulphate é que é un fertilizante que se presenta no seu estado natural e non é necesaria a separación química nin outros procesos industriais, polo que estamos ante un fertilizante verdadeiramente sustentable, respetuoso co medio ambiente e que axuda a redsucir a pegada de carbono da agricultura. 

Os últimos ensaios en millo confirman o aumento na produción 

ICL está colaborando con agricultores, distribuidores e cooperativas para coñecer mellor sobre o terreo o uso de Polysulphate en diversos cultivos, como mostra o último ensaio en millo, con resultados moi bos ao utilizalo como parte do abonado de fondo. Así, nunha leira de millo en regadío de San Millán de los Caballeros (León), realizouse un abonado de fondo cun blending fabricado pola sociedade cooperativa Valduebro, do Grupo AN, o cal contiña Polysulphate como fonte de potasio, magnesio, xofre e calcio (7-18-18 cun 40% de Polysulphate).

Para comprobar a eficiencia do abonado de fondo con este blending con Polysulphate, nunha parcela da leira abonouse cun blending normal (8-15-15) pero sen Polysulphate. A leira conta cun total de 40,5 hectáreas de millo e a produción final foi de 702 toneladas, cunha humidade de 18,5.

Gráfico de resultados da producción media en cada parcela./ Fonte: ICL

Gráfico de resultados da producción media en cada parcela./ Fonte: ICL

Como se pode ver no Cadro 1, a media por hectárea nas parcelas abonadas co blending con Polysulphate deron unha media de produción superior a 17.300 quilogramos por hectárea, mentres que a parcela sen Polysulphate superaron por pouco os 16.900 quilogramos, é dicir, 400 quilogramos por hectárea menos.

Polo tanto, un novo ensaio demostra que a achega de Polysulphate como parte do abonado de fondo aumenta a colleita de forma importante (máis de 400 kg/ha), pero sen que o custo de abonado se vexa incrementado, polo que Polysulphate é unha alternativa natural, sustentable e rendible para o agricultor.

Máis información e ensaios sobre Polysulphate neste LINK

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *