As mesas de prezos acordaron o mantemento dos valores en todas as categorías e calidades de gando, coa salvedade da subclase P1 de vacún maior, que sobe 10 céntimos por motivos de axuste técnico. En recría e abasto mantéñense as cotizacións da pasada semana, cando subiran tanto o gando de recría frisón como os becerros de abasto. Esta semana, os vogais da Mesa de Abasto sinalan unha tendencia á baixa no gando de recría rubio e cruzado.
Na Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega, apréciase un equilibrio entre oferta e demanda en Suprema, mentres que na categoría convencional detéctase un atasco en matadoiros.
En canto á asistencia de animais á feira, entraron esta semana no recinto 2.276 animais, 28 menos que a semana pasada. Por categorías, houbo 1.769 animais de vacún menor, 245 de vacún mediano e 256 de vacún grande.
Máis información
– Táboa completa de cotizacións do mercado de Amio (21-VI-2017)