Programa do concurso e da poxa de gando frisón Feiradeza 2017

Publicidade
Programa do concurso e da poxa de gando frisón Feiradeza 2017
Data inicio: 08/07/2017
Data fin: 09/07/2017
Lugar: Av. Xosé Cuiña, 36515 Lalín, Pontevedra, España

Xa está dispoñible o programa do Concurso e Poxa de gando Frisón Feiradeza 2017 que se celebrará en Lalín os días 8 e 9 de xullo. O certame está organizado por Africor Pontevedra, en colaboración coa cooperativa Xuncoga, a Ads Xundeva e o concello de Lalín. Conta co apoio da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia.

Venres día 7 de xullo; 
10:00 – 18:00 h. Entrada do gando, verificación da documentación e aloxamento no
recinto.

Sábado día 8 de xullo: 

-14:00 h. Inauguración de Feiradeza 2017.
-16:15 h. Inicio do Concurso, Seccións de Xatas e Xovencas.
-18:15 h. XVIII Concurso Novos Manexadores.

Domingo día 9 de xullo: 

-10:30 h. Concurso de vacas de leite e campionatos.
-13:30 h. IX Poxa de Gando Frisón.
-14:30 h. Entrega de premios e sorteos entre os asistentes dunha xovenca preñada ou 1.000 € e dunha becerra ou 500 euros.
-14:30 h. Clausura e Xantar.

Feiradeza recoñecerá ao mellor criador de xovencas

En total, Feiradeza repartirá 7.500 euros en premios. Como novidade desta edición decidiuse eliminar a sección de vaca campioa provincial, xa que a vencedora desta sección sempre acababa sendo a vaca gran campiona de Feiradeza, de modo que se anticipaba a resolución deste premio.

Así, acordouse substituír esta condecoración por unha sección de nova creación na que se recoñecerá ao mellor criador de xovencas, coa finalidade de pór en valor a importancia da recría de calidade nas explotacións.

Así mesmo, mantense o recoñecemento ás mellores explotacións segundo os datos obtidos no control leiteiro. Trátase da concesión duns premios (sen dotación económica), divididos en categorías dependendo do tamaño das producións, que tratan de visibilizar e pór en valor o bo traballo das ganderías con máis calidade e mellores datos de produción.

Ademais, aumentarase o valor da nai que sairá a poxa e que nesta edición alcanzará os 8.500 kg de produción e os 80 puntos de cualificación morfolóxica.

Por último, e co obxectivo de axilizar os sorteos, no canto de sacar números ata que estes coincidan coa rifa dalgún dos presentes, as persoas que desexen participar no sorteo deberán depositar o resgardo da papeleta nunha urna da que serán extraídos directamente os números gañadores.

Descarga aquí o díptico de Feiradeza 2017.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información