A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

New Holland acada as 30.000 empacadoras xigantes fabricadas

New Holland acada as 30.000 empacadoras xigantes fabricadas

A empacadora número 30.000 fabricada no Centro de Excelencia de maquinaria de recolección de New Holland en Zedelgem (Bélxica).

A firma New Holland Agriculture, especializada na fabricación e comercialización de maquinaria agrícola, acaba de alcanzar a cifra de 30.000 empacadoras xigantes fabricadas, desde a súa entrada neste segmento en 1987. A emblemática BigBaler 1290 Plus, coa que se logrou esta cifra, fabricouse na planta de New Holland Agriculture en Zedelgem, situada ao noroeste de Bélxica, que constitúe o Centro de Excelencia das colleitadoras New Holland de todo o mundo. A empacadora número 30.000 leva un distintivo conmemorativo creado por New Holland para celebrar este acontecemento

“O fito das 30.000 empacadoras xigantes é un gran logro para New Holland e, en particular, para todas aquelas persoas que construíron este rico legado de innovación e manteron as nosas empacadoras xigantes no posto número un ata hoxe”, reivindica Carlo Lambro, presidente da marca New Holland.

A planta de New Holland en Zedelgem, onde se alcanzou o fito, está especializada en desenvolver e producir colleitadoras, empacadoras e picadoras de forraxe para a súa exportación global. “É un logro impresionante, e todos na planta de Zedelgem estamos moi orgullosos de que as BigBaler que deseñamos e fabricamos aquí sigan sendo un referente do sector. Investimos continuamente en avanzadas tecnoloxías de produción e traballamos segundo os principios do World Class Manufacturing, un dos máis altos estándares de produción para a xestión integrada de plantas e procesos. O resultado é unha alta calidade constante en tódalas máquinas que saen da nosa liña de ensamblaxe”, detalla Luigi Neirynck, director da devandita planta.

A empacadora xigante máis eficiente do seu segmento

New Holland lidera o segmento de empacadoras xigantes dende hai máis de 30 anos. Nestes anos introduciu unha serie de características pioneiras no sector que transformaron as operacións de empacado en todo o mundo. Entre estas innovacións atópanse a tecnoloxía de dobre nó, o control electrónico de densidade proporcional, a función de expulsión total de pacas e o primeiro tamaño de paca de 80×90. Todas estas innovacións convertéronse en estándares do sector.

Os actuais modelos insignia BigBaler mantéñense fieis a este legado de innovación e éxitos. O emblemático modelo BigBaler Plus incorpora avanzadas tecnoloxías para incrementar a eficiencia, como o insuperable sensor SmartFillTM para obter pacas perfectamente uniformes e o sistema IntelliCruiseTM, que controla a velocidade de avance do tractor, aumentando a produtividade, optimizando a capacidade e garantindo a máxima uniformidade da paca.

A BigBaler High Density introduce dúas características exclusivas. A primeira é a transmisión SmartShiftTM, un exclusivo concepto de eixo cardánico, gañador dunha medalla de prata nos Premios á Innovación de Agritechnica 2019, que aumenta de maneira considerable a produtividade, mellora o confort do operador e optimiza a protección do eixo cardánico do tractor. A segunda é a exclusiva tecnoloxía patentada de anudado Loop MasterTM, o primeiro anudador dobre comercializado no mundo que evita a contaminación por plástico. A empacadora de alta densidade tamén foi nomeada Máquina do Ano 2020 na categoría de recolección de forraxe por un xurado composto por xornalistas que representan ás publicacións agrícolas europeas máis importantes.

Máis de 100 anos de excelencia en recolección

OCentro de Excelencia de maquinaria de recolección de New Holland en Zedelgem foi o eixo central do mundo da recolección desde que Leon Claeys abriu o seu taller de maquinaria en 1906. As galardoadas empacadoras xigantes BigBaler deséñanse, desenvólvense e fabrícanse nestas instalacións, así como varias gamas de colleitadoras e picadoras de forraxe de New Holland. O avanzado proceso de desenvolvemento de produtos, xunto coa ampla experiencia en desenvolvemento, enxeñaría e fabricación do persoal comprometido deste centro, garanten que a gama BigBaler siga sendo un referente en todo o mundo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *