Manuel Sandamil, novo presidente de CONAFE

Releva a Germán de la Vega (AFCA), presidente de CONAFE desde xuño de 2011, tras a Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada onte en Madrid.

Manuel Sandamil, novo presidente de CONAFE

A Confederación de Asociacións de Frisona Española celebrou este mércores 21 de xuño de 2023, unha Asemblea Xeral Extraordinaria na sede social de CONAFE en Madrid, durante a que se formalizou a renovación da súa Xunta de Goberno para un período de catro anos e pola que Manuel Sandamil (FEFRIGA) asumiu o cargo como novo presidente de CONAFE en substitución de Germán de la Vega (AFCA).

Manuel Sandamil, propietario da gandería SAT A Vereda (Lugo, Galicia), estará acompañado por José Emilio García Suarez (ASCOLAF), que continúa como vicepresidente de CONAFE. Tamén permanecen José Antonio Hernández Martín (FEFRICALE) como tesoureiro e José María Miguel Porras (AFRICAMA) como interventor. E súmase como secretario Ángel García Hernández (AFRIDEMA), en substitución do propio Manuel Sandamil, que ostentaba ese cargo na anterior Xunta. Germán de la Vega foi presidente de CONAFE desde xuño de 2011.

Durante a Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada onte, a Xunta de Goberno da Confederación tamén aproveitou a ocasión para entregar un agasallo polo seu 25 aniversario en CONAFE á Directora Xerente, Sofía Alday.

A nova Xunta de Goberno de CONAFE queda constituída da seguinte forma:
Presidente: Manuel Sandamil Cabana (FEFRIGA)
Vicepresidente: José Emilio García Suarez (ASCOLAF)
Secretario: Ángel García Hernández (AFRIDEMA)
Tesoureiro: José Antonio Hernández Martín (FEFRICALE)
Interventor: José María Miguel Porras (AFRICAMA)

Vogais:
Antonio González Tirado (AFA)
Jaime Olascoaga Enseñat (AFB)
Germán de la Vega Delgado (AFCA)
Andrés Planillo Torres (AFNA)
Carlos Manuel Sánchez García (AFRIARA)
Jon Joseba Agirre Galdós (EFRIFE)
Antonio García Andreu (FEFRIC)
Directora Xerente:
Sofía Alday Martínez de Cestafe

Sobre CONAFE

A Confederación de Asociacións de Frisona Española, CONAFE, é a entidade de ámbito estatal integrada polas Asociacións e Federacións das Comunidades Autónomas, unha por cada comunidade autónoma, cuxos obxectivos principais teñen como denominador común o desenvolvemento de programas orientados á mellora e selección da Raza Frisoa.

Segundo datos ao 31 de decembro de 2022, están rexistradas en CONAFE un total de 4.624 ganderías con 718.218 animais rexistrados no Libro Xenealóxico, dos cales 2.621 son machos e 715.597 femias (461.034 reprodutoras e 254.563 crías). A media de produción é de 10.900 kg de leite, ao 3,75 de graxa e 3,25% de proteína, en lactación normalizada a 305 días (datos 31/12/2022).

Os principais programas da Confederación son a Xestión do Libro Xenealóxico, o Programa de Cualificación Morfolóxica, as Avaliacións Xenéticas e Xenómicas, Programa de Axustes (CONAFEMAT), Programa de Información sobre Saúde Podal (I-SAP), Programa de Información sobre Saúde (I-SA) e a xestión da base de datos de Control Leiteiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información