A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Magnesio, xofre e corrección de pH no viñedo

Calfensa aposta para viñedo por unha caliza magnesiana, ben en po, ben granulada, para optimizar a captación de nutrientes polas plantas e asegurar unha adecuada frutificación. A maiores, incrementa a súa oferta con Azumag, un produto granulado rico en xofre

Magnesio, xofre e corrección de pH no viñedo

Chega o momento de comezar cos traballos de mantemento do solo no cultivo de viñedo, para os que o encalado é unha tarefa imprescindible nas nosas superficies, dadas as xa coñecidas condicións en Galicia de pH baixo e altas concentracións de aluminio tóxico.

No proceso de encalado, xogan un papel moi importante as achegas que podamos realizar de calcio como elemento, pero na mesma medida de magnesio, xa que, nas condicións normais dos nosos solos, este é un nutriente que, a pesar de ser esencial como veremos, está pouco presente e asimilable para as plantas.

As achegas de magnesio que podamos realizar no proceso de encalado serán as que cubran as necesidades do cultivo da vide durante o período produtivo.

Debemos lembrar que o magnesio forma parte da clorofila, actuando consecuentemente na actividade fotosintética da planta. É esencial para o metabolismo dos glícidos e ten unha función clave como vehículo do fósforo, aumentando a súa asimilación. Estamos a falar dun macronutriente que actúa na formación das graxas, proteínas e vitaminas; e que axuda ao mantemento, xunto co potasio, da turxescencia das células.

Consecuencias da falta de magnesio
Con niveis de pH inferiores a 5, pódense detectar carencias de magnesio, o que produce unha debilitación xeral da cepa, redución do nacemento de pámpanos, lento desenvolvemento do tronco e limitación do crecemento radicular, así como a redución na frutificación.

Neste sentido, Calfensa pon á vosa disposición a Caliza Magnesiana, produto cun 20% de óxido de magnesio, moi soluble e rapidamente asimilable pola planta, capaz de cubrir as necesidades que deste elemento poida ter. Calfensa tamén ten a Calcaria Magnesiana de sempre pero Granulada, coas mesmas características do produto en po, pero coa comodidade que proporciona o gran para a súa distribución.

Achegas necesarias de xofre
Complementando ao calcio e ao magnesio, de efectos positivos máis que coñecidos para os cultivos, é importante ter en conta o xofre, que é esencial para o crecemento das plantas.

Para cubrir esta necesidade, Calfensa ampliou a súa gama con Azumag, unha epsonita cálcica (sulfato de magnesio) granulada.

O xofre está involucrado na produción de proteínas e na formación de aminoácidos, estes últimos son os bloques de construción das proteínas. Ademais, axuda na formación de clorofila, a molécula que absorbe a luz e utilízaa para producir enerxía. Tamén xoga un papel importante na defensa das plantas contra os patóxenos. Está involucrado na produción de compostos que axudan ás plantas para resistir as enfermidades e a repeler as pragas.

Outra función importante do xofre é a fixación de nitróxeno.

Máis información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *