A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Impex Europa, a firma galega que elabora o ‘Ratibrom’, investiu 1,6 millóns na súa planta

A empresa, que lidera o mercado español de raticidas, aumenta o seu volume de produción en case un 50% tras incorporar unha nova liña a súa factoría de Vilagarcía

Imaxe da nova liña de produción incorporada por Impex Europa.

Imaxe da nova liña de produción incorporada por Impex Europa.

A firma galega Impex Europa, que elabora o popular ‘Ratibrom’, acometeu este ano un investimento de 1,6 millóns de euros para ampliar a capacidade de produción da súa planta de Vilagarcía (Pontevedra). O proxecto incluíu a incorporación dunha nova liña, con capacidade para elaborar 2.500 Kg. de produto á xornada.

Coa nova máquina, Impex Europa aumenta a súa produción en case un 50%, chegando a 7.600 Kg. por xornada. Son cifras que consolidan á firma galega como líder no mercado español de raticidas e praguicidas.

Os investimentos acometidos permitiron tamén mellorar a velocidade de mestura dos ingredientes dos cebos, reducindo o tempo preciso. Ese cambio permite que o aceite empregado teña mellor penetración e empape mellor a fariña, co que se consegue unha maior apetencia e maior resistencia á humidade.

A maiores de aumentar volumes de produción e calidades, con esta actuación Impex dá un paso importante para reducir os tempos de entrega dos pedidos, o que lle aporta unha vantaxe competitiva no mercado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *