Granxa Circular é a proposta de Nanta para avanzar no futuro da gandería, ó garantir a sustentabilidade económica, social, ambiental e o benestar animal. Analizando estes catro piares lógrase unha clasificación (A, B ou C) da gandería e coñécense os aspectos nos que seguir a mellorar ou afianzar.
A granxa SAT Gonzar, situada en Portomarín, Lugo, e inaugurada o pasado ano, é un modelo de eficiencia en vacún de leite. Cun total de 360 animais, dos que 190 están en ordeño, e unha produción anual de 2,7 millóns de litros de leite, SAT Gonzar destaca polo seu manexo e boas prácticas que lle levaron a obter o certificado A de Granxa Circular.
-Que vos animou a entrar en Granxa Circular?
-Pareceunos unha gran oportunidade para dar valor ao traballo que facemos na granxa, ademais de ser unha ferramenta para identificar posibles puntos de mellora.
-Cal foi o proceso para lograr a cualificación A de Granxa Circular e o Certificado de Conformidade de Aenor?
-Primeiro tivemos que avaliar a granxa atendendo aos criterios que engloba o proxecto de Granxa Circular. Para iso contamos coa axuda do equipo de Nanta, co que analizamos os resultados, identificamos aquelas áreas de mellora e aplicamos as recomendacións marcadas polo seu servizo técnico.
-Aínda que cando falamos de sustentabilidade o primeiro que se nos vén á mente é o medioambiente, Granxa Circular tamén abarca a sustentabilidade social e a económica, ademais do benestar animal. Que opinas sobre a inclusión deste catro alicerces no modelo?
-Consideramos fundamental prestar atención a todos e cada un destes alicerces, xa que son os aspectos que definen a viabilidade das granxas a longo prazo. Valores como a saúde e o benestar animal, así como o respecto ambiental e o compromiso social, son hoxe día craves para alcanzar o éxito.
-Que beneficios crees que achegará para o teu negocio o certificado de Granxa Circular?
-Cremos que é unha maneira de revalorizar o noso produto e defender así unha mellor posición fronte á industria e no mercado ? non hai que esquecer que os consumidores reclaman cada vez máis produtos sustentables. Baixo o noso punto de vista, proxectos como o de Granxa Circular achégannos diferenciación e reflicten o traballo e o esforzo que día a día realizamos na nosa granxa.
-Que recomendacións darías a aqueles gandeiros que teñan interese en sumarse a un proxecto de sustentabilidade?
-É fundamental que consideren este tipo de accións como un proceso de mellora continua que, en definitiva, vai supor unha maior eficacia e rendibilidade para o negocio.
Acerca de Granxa Circular
Granxa Circular é a proposta de Nanta para avanzar na sustentabilidade da gandaría. Aliñada co Roadmap de Nutreco 2025, trátase dun modelo de sustentabilidade co que demostrar o grao de sustentabilidade dunha granxa atendendo a catro piares fundamentais: económico, ambiental, social e benestar animal. Co Decálogo de Granxa Circular como guía, conxunto de dez troncos críticos a considerar, Granxa Circular cualifica ás granxas en tres categorías (A, B e C) en función dos seus resultados de sustentabilidade.
Cun enfoque multidisciplinar, inclúe varias ferramentas de cálculo e avaliación e conta con indicadores solventes, medibles e prácticos, sendo posible a verificación da certificación de sustentabilidade por parte de Aenor. Máis información en www.nanta.es/granja-circular.
Acerca de Nanta
Nanta é a compañía líder na fabricación e comercialización de pensos compostos na península ibérica. Comezou a súa actividade en 1968 e desde entón o alto grao de compromiso cos seus clientes e o mundo da produción gandeira en xeral, a tecnoloxía empregada e os seus programas de I+D+i e calidade supuxeron un auténtico motor de avance para este sector industrial. Unha clara vocación e aposta pola innovación que a compañía mantén e manterá no futuro.
Englobada dentro da multinacional Nutreco, Nanta conta con 22 centros de produción dotados de tecnoloxía punta e todas elas certificadas na norma ISO 14001 de medio ambiente e OHSAS45000 de prevención de riscos laborais. Cabe destacar sobre todo a certificación de seguridade alimentaria FSSC 22000, garantía da seguridade e a calidade dos produtos da compañía. No seu portfolio de máis de 200 produtos atópanse alimentos para porcino branco e ibérico, para cunicultura e avicultura, para vacún de carne e de leite, ovino e caprino, e para a alimentación de cans, gatos e cabalos.