Gradiant consegue “excelentes resultados” coa aplicación da Intelixencia Artificial na mellora da fertilidade ovina

Grazas á plataforma de información compartida entre razas, tamén se poden poñer en común puntos clave como a selección de sementais.

Gradiant consegue “excelentes resultados” coa aplicación da Intelixencia Artificial na mellora da fertilidade ovina

A Intelixencia Artificial (IA) e as tecnoloxías da información poden achegar importantes vantaxes a sectores tradicionais como o gandeiro. Así temos avances que permitirán aumentar a produtividade e a calidade tanto nos produtos lácteos ovinos como cárnicos. Coa IA poderase facer unha seleccións máis axustada de cara o rendemento reprodutivo nas granxas ovinas.

Un exemplo diso é a iniciativa que está a desenvolver Gradiant como parte do grupo de traballo GC4SHEEP que permite aplicar IA para a mellora da fertilidade das ganderías ovinas leiteiras. Este proxecto nace cun dobre obxectivo: incrementar a rendibilidade a través dunha transformación baseada no dato e a posta en común da información con innovacións en mellora da fertilidade.

O sector ovino de leite e as súas asociacións levaban anos recompilando datos relacionados coas diferentes razas que supoñen unha fonte moi valiosa de información, pero que ata o de agora non compartían entre si. GC4SHEEP permite crear unha plataforma federada segura -dotada de Intelixencia Artificial- que facilita a posta en común da información para o desenvolvemento de modelos preditivos cos que as asociacións gandeiras ovinas poden tomar decisións e actuar con maior celeridade.

Joaquín Lago de Gradiant sinala que “as novas tecnoloxías de tratamento de datos acompañadas de intelixencia artificial permitirán aos propietarios das explotacións gandeiras traballar coordinadamente para identificar patróns e solucións en ámbitos como o da fertilidade en inseminación artificial teniendo en cuenta factores como a xenealoxía, a alimentación ou a análise de leite, entre outros”.

E engade que “desde Gradiant achegamos unha solución tecnolóxica a un sector estratéxico en España que representa o segundo produtor europeo de leite de Europa”. A iniciativa está liderada por OVIGEN, Centro de Selección e Mellora Xenética de ovino e caprino de Castela e León, e conta na agrupación coas tres asociacións que representan case a totalidade do ovino a nivel nacional (ASAFFE, AGRAMA e CONFELAC).

Mellora xenética e reprodutiva

Unha das claves desta iniciativa é a análise de solucións innovadoras para mellorar a fertilidade. A través das tecnoloxías desenvolvidas por Gradiant, pódense extraer datos de interese vinculados á análise dos ritmos de saltos dos machos, de forma que se poida saber cal é o ritmo máis adecuado para manter a produción de dose seminal de mellor calidade. Grazas á plataforma de información compartida entre razas, tamén se poden poñer en común puntos clave como a selección de sementais en relación con estudos de morfoloxía, tamaño testicular ou calidade do seme.

Os desenvolvementos de Gradiant baseados en Intelixencia Artificial, permiten ademais estudar datos relacionados coas racións alimenticias nas cordeiras, para definir o plan óptimo para o desenvolvemento fisiolóxico da ubre e, no caso dos machos, avaliar o efecto da dieta no seu perfil como sementais.

Noutra liña, utilizaranse os datos de análises MIR (metodoloxía de infravermello medio) dos compoñentes do leite para determinar correlacións con outros parámetros que inflúen na fertilidade, así como a condición corporal das femias a inseminar, co obxectivo de avaliar os resultados reprodutivos.

O Grupo Operativo GC4Sheep enmárcase nos proxectos de innovación da Asociación Europea para a Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade Agrícolas no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020, e está financiado ao 100% pola Unión Europea.

Sobre Gradiant

Gradiant é un centro privado de tecnoloxía TIC orientado ás necesidades da industria e especializado nas seguintes tecnoloxías: ciberseguridade, intelixencia artificial, comunicacións avanzadas (5G-6G), tecnoloxías cuánticas, drons e industria intelixente. Un provedor de innovación, con preto de quince anos de experiencia en incubación de tecnoloxía, máis de 150 profesionais no seu equipo e con presenza en 30 países e máis de 400 clientes.

Nos últimos anos, Gradiant quintuplicou os acordos de licenza dos seus proxectos de innovación, que xa alcanzan as 150 licenzas en 18 países. Algunhas das referencias públicas internacionais máis recentes son Telefónica, Vodafone, Samsung, Stellantis, OTAN, Indra, Everis, Babcock international e Boeing.

Recentemente Gradiant cumpriu 15 anos de historia atraendo un total de 85 millóns de euros en I+D+i. Desde a súa creación en 2008, desenvolveu un total de 727 proxectos, 328 nacionais, 307 en Galicia e 92 no ámbito internacional.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información