Galiforest superará a superficie expositora da anterior edición

O certame, organizado en Sergude (Boqueixón) pola Feira Internacional de Galicia, celebrarase entre o 30 de xuño e o 2 de xullo

Publicidade
Galiforest superará a superficie expositora da anterior edición

Imaxe da anterior edición de Galiforest.

A máis dun mes para a celebración de Galiforest, o certame forestal organizado pola Feira Internacional de Galicia, os expositores xa teñen contratada unha superficie que supera nun 28% á da pasada edición. O evento desenvolverase entre o 30 de xuño e o 2 de xullo no monte e nas instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón).

A progresión do certame, de carácter bianual, é continua en número de expositores e superficie ocupada. Dos pouco máis de 4.000 metros de exposición do 2012 pasouse ós 5.600 do 2014 e a estas alturas, cando aínda quedan acordos por pechar, hai xa 7.200 metros contratados, o que dá unha idea do interese do certame para o sector.

Foro
A Feira Internacional de Galicia (Semana Verde), organizadora de Galiforest, conta tamén con superar os máis de 5.000 visitantes do anterior certame. A parte expositora de Galiforest, orientada a maquinaria e servizos de explotación forestal e biomasa, completarase cun foro monográfico de debate, cuxo programa está ultimando a comisión organizadora, integrada pola propia Feira, Xunta, empresas e colectivos sectoriais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información