Ata as 12 da noite deste venres poderanse votar as fotos que participan no IV Concurso Fotográfico Semana Gandeira 2018 de Mazaricos.
Esta iniciativa, promovida pola asociación EuSonMazaricos, pretende dar a coñecer e poñer en valor a actividade agrogandeira, o motor económico e de emprego deste municipio.
O xurado escollerá mañá as tres fotos gañadoras e a entrega de premios realizarase este sábado, 1 de decembro, ás 18:30 horas no recinto feiral da Picota.
Velaquí algunhas das fotos que participan no V Concurso Fotográfico Semana Gandeira 2018 de Mazaricos: