FEUGA buscará dentro de InnovationGUIDE solucións en innovación e rural

Será no encontro “Da idea ao mercado: impulsando o emprendemento rural a través da innovación”

FEUGA buscará dentro de InnovationGUIDE solucións en innovación e rural

As instalacións de FEUGA acollerán o evento “Da idea ao mercado: impulsando o emprendemento rural a través da innovación” o día 20 de xuño en Santiago de Compostela. A cita enmárcase entre as actividades do proxecto europeo InnovationGUIDE, dentro da convocatoria European Innovation Ecosystem, que persegue a interacción dos ecosistemas de innovación e emprendemento de España, Turquía, Países Baixos e Malta.

A cita estará destinada a reunir diversos representantes da cuádrupla hélice interesados en achegar coñecemento e contribuír á análise de potenciais barreiras e oportunidades do emprendemento rural en sectores cruciais como a agricultura, o turismo sostible, a bioeconomía e a economía azul.

En Galicia contamos cun ecosistema rural que contribúe ao crecemento económico e desenvolvemento local. A súa riqueza agrícola, gandeira e pesqueira enfróntase a desafíos significativos, subliñando a necesidade urxente de solucións innovadoras para impulsar o tecido industrial. De igual modo, Galicia é un dos principais destinos turísticos de España, con gran potencial de crecemento en turismo sostible rural.

Non só será, por tanto, unha ocasión para conectar cos principais actores do sector, incluíndo emprendedores, Ong, expertos académicos e organismos públicos, senón que tamén será un espazo para inspirarse con exemplos reais de boas prácticas, discutir necesidades que servirán de base para transmitir solucións innovadoras aos desafíos que enfronta o emprendemento rural en Europa.

Ao ser parte de InnovationGUIDE, os participantes entrarán nunha rede internacional que integra a diversos actores que enfrontan retos similares, accederán a información sobre oportunidades de financiamento, boas prácticas en igualdade de xénero e información sobre as actividades do proxecto. Para formar parte da rede stakeholders o acceso é a través de https://bit.ly/3TIZc3ou.

Ademais, InnovationGUIDE está comprometido en establecer unha Asemblea de Innovación Interregional, conectando con ecosistemas de innovación en Turquía, Países Baixos e Malta, cunha visión a longo prazo para mellorar o crecemento económico nas áreas rurais. Estas sinerxias permitirán desenvolver novas ideas, produtos e servizos que aborden os retos e oportunidades locais en emprendemento rural.

Link de inscrición para participar na xornada: https://bit.ly/4aOOAa7

SOBRE INNOVATIONGUIDE

Financiado pola Unión Europea, InnovationGUIDE busca impulsar o emprendemento zonas rurais en agricultura, bioeconomía, pesca e turismo sostible, permitindo a emprendedores e startups aproveitar atraer a novos investidores, reforzar os mercados financeiros e promover un crecemento económico sostible e integrador.

O proxecto está integrado pola Asemblea de Exportadores Turcos (TIM), Universidade de Maastricht, Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), Malta College of Arts Science and Technology (MCAST), Asociación de Emprendedores Sociais de Malta (SEAM) e StartupCentrum.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información