Éxito da Feira da Cociña de Ancares Terras de Burón celebrada en Navia de Suarna

Na feira mostráronse os produtos da zona froito de iniciativas locais

Éxito da Feira da Cociña de Ancares Terras de Burón celebrada en Navia de Suarna

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Montes e Vales Orientais, en colaboración co Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Montaña, organizou este mércores 17 de xaneiro, unha feira coa que pretende seguir achegando aos establecementos turísticos da zona a iniciativa ‘A Despensa de Ancares Terras de Burón’.

O evento desenvolveuse desde as 12 do mediodía na Casa do Chao, en Navia de Suarna, e ao mesmo foron convidados produtores agroalimentarios do territorio e responsables de establecementos turísticos, persoas emprendedoras interesadas en participar na iniciativa “Cociña de Ancares Terras de Burón”, empresas e entidades do eido turístico, así como responsables institucionais e prensa.

A feira constituiu unha nova xornada de traballo coa que dar a coñecer ‘A Despensa de Ancares Terras de Burón’, unha iniciativa que pretende tender pontes e xerar sinerxias entre o sector turístico e o agroalimentario para tecer unha rede colaborativa e así conseguir incorporar os alimentos e produtos que se producen na zona, tales como pratos xa cociñados, conservas, embutidos ou bebidas, aos establecementos turísticos que non dispoñen de cociña nas súas instalacións. Desta maneira, os visitantes que hospedados nos locais do territorio que abarca o Xeodestino Ancares Terras de Burón, puideron coñecer e acceder a distintos produtos de proximidade.

Nesta ocasión, diferentes produtores que xa forman parte de ‘A Despensa de Ancares Terras de Burón’ elaboraron unha exposición e degustación dos seus produtos e explicaron que e como se produce no territorio, coa finalidade de seguir sumando empresas á iniciativa.

A xornada comezou cunha presentación dos traballos incluídos en “A Despensa de Ancares Terras de Burón”, o estado actual do proxecto e as liñas de futuro. A presentación estivo a cargo de Iván Sánchez, técnido do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Montaña e por outra parte, Fe Álvarez, xerente do GDR – Montes e Vales Orientais.

Importantes tamén foron as palestras sobre boas prácticas de colaboración entre axentes do territorio, emprendemento feminino e igualdade. Nesta ocasión participaron Sandra Vázquez, Secretaria Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade; Margarita Ardao, Directora Xeral de Emprendemento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a chef Lucía Freitas, que presentará o proxecto “Amas da Terra”. Por último, celebrouse a Exposición e degustación de produtos de ‘Cociña de Ancares Terras de Burón’.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información