Estabilidade nos prezos do vacún en Amio

As mesas de prezos manteñen todas as cotizacións igual que na anterior sesión

As mesas de prezos de Amio manteñen sen cambios as cotizacións outra semana máis. Os prezos continúan por tanto igual tanto en Ternera Gallega como no gando de recría, abasto e vacún maior.

En canto á asistencia de animais á sesión desta semana, entraron no recinto de Amio, en Santiago, 2.229 reses, 45 menos que a pasada semana. Houbo 1.712 cabezas de vacún menor, 235 de vacún mediano e 282 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (11-5-2016)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información