As mesas de prezos de Amio acordaron manter os mesmos valores das últimas semanas. Por terceira semana consecutiva, non hai cambios nin na Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega nin na de gando de abasto, onde os vogais decidiron por unanimidade repetir cotizacións en gando de recría, abasto e vacún maior. En recría, os vogais consideran coxuntural a lixeira retracción da demanda que se aprecia na recría de raza frisona.
A asistencia de gando ó mercado de onte foi de 2.388 reses, 289 máis que a pasada semana. Houbo 1.894 cabezas de vacún menor (250 máis), 216 de vacún mediano (17 menos) e 260 de vacún grande (58 máis).
Máis información
– Táboa completa das cotizacións de Amio (30-V-2018)