Curso en Becerreá de reciclaxe da cera de abella

A formación ten previsto celebrarse os días 3 e 4 de novembro no Centro de formación e experimentación agraria de Becerreá, en horario de mañá

Curso en Becerreá de reciclaxe da cera de abella

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, ten previsto celebrar os días 3 e 4 de novembro un curso sobre a reciclaxe da cera de abella. Dita formación terá lugar no Centro de formación e experimentación agraria de Becerreá e en horario de mañá, de 9,00 a 14,00 horas.

O obxectivo desta xornada é fomentar a competitividade e a eficiencia dos recursos apícolas, contribuíndo ao mesmo tempo á sustentabilidade da economía rural. Neste senso, foméntase a transferencia de coñecementos e de innovación neste sector, concretamente nos distintos usos da cera. Así, o curso versará sobre os tipos e calidades de cera, a preparación e o fundido. Tamén se abordarán os distintos tipos de laminación e estampación, así como os residuos que poida ter este produto natural.

Esta iniciativa está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

A inscrición pode facerse na seguinte ligazón: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 828 370, ou enviarse un correo a cfea.becerrea@xunta.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información