Curso de reciclaxe da cera de abella en Boqueixón

Publicidade
Curso de reciclaxe da cera de abella en Boqueixón
Data inicio: 20/11/2021
Data fin: 20/11/2021
Lugar: Centro de formación y experimentación agroforestal de Sergude, Xunta de Galiza, Place of Sergude, Quián, España

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude, no concello coruñés de Boqueixón, acolle este sábado, día 20, un curso sobre a reciclaxe da cera de abella. A xornada será en horario partido, de 10.00 a 1400 horas e de 15.30 a 19.30 horas.

O obxectivo desta xornada é fomentar a competitividade e a eficiencia dos recursos apícolas. O curso versará sobre os tipos e calidades de cera, a preparación e o fundido. Tamén se abordarán os distintos tipos de laminación e estampación, así como os residuos que poida ter este produto natural.

A acción está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.

As persoas interesadas no curso poden obter información adicional no teléfono 881 867 331. Para formalizar a inscrición na xornada deberá descargarse o formulario e remitilo cuberto ó enderezo electrónico cursos.agacal.sergude@xunta.gal.

O curso inclúese na oferta formativa que a Consellería do Medio Rural está a levar a cabo a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *