Convocadas as axudas para vacún de carne e planta ornamental polo coronavirus

Convocadas as axudas para vacún de carne e planta ornamental polo coronavirus

Gandería de vacún de carne. / Arquivo.

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201029/AnuncioG0426-281020-0003_gl.html

Prazo: Ata 30/11/2020

Resumo:

A Xunta publica hoxe os apoios que destina ás ganderías de vacún de carne e ás empresas de planta ornamental e flor cortada, afectadas por perdas a raíz da crise do coronavirus. Nun principio, estaba previsto que as axudas se publicaran o 2 de novembro, según lle trasladara Medio Rural ás organizacións agrarias pero finalmente o Diario Oficial de Galicia anticipou a hoxe a publicación das subvencións. O prazo de solicitude é dun mes a partir de mañá.

Os apoios para as granxas de vacún de carne céntranse, como estaba previsto, nos produtores de vacas nodrizas que teñan máis de 10 cabezas (cun mínimo de 24 meses de idade). Computarán os animais que estivesen na explotación a 14 de marzo. Os gandeiros poderán recibir apoios de entre 900 e 7.000 euros, segundo os treitos xa anunciados, que se detallan embaixo.

– De 10 a 19 vacas nodrizas: 900 euros.
– De 20 a 29 vacas: 1.250 euros.
– De 30 a 39 vacas: 1.750 euros.
– De 40 a 49 vacas: 2.250 euros.
– De 50 a 59 vacas: 2.750 euros.
– De 60 a 69 vacas: 3.250 euros.
– De 70 a 79 vacas: 3.750 euros.
– De 80 a 89 vacas: 4.250 euros.
– De 90 a 99 vacas: 4.750 euros.
– De 100 a 109 vacas: 5.250 euros.
– De 110 a 119 vacas: 5.750 euros.
– De 120 a 129 vacas: 6.250 euros.
– De 130 a 139 vacas: 6.750 euros.
– Máis de 140 vacas: 7.000 euros.

En caso de que os fondos previstos para as axudas non sexan suficientes para cubrir a tódolos beneficiarios, farase un desconto proporcional dos apoios entre tódolos solicitantes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información