Campaña de apoio á gandeira asturiana á que lle envenenaron un touro

Campaña de apoio á gandeira asturiana á que lle envenenaron un touro

Palmero, o touro envelenado

Un grupo de gandeiras españolas dirixíronse á súa compañeira asturiana Lucía Velasco, presidenta de Ganaderas Asturianas, así como ás autoridades do Consello de Goberno do Principado de Asturias e á Delegación do Goberno, manifestando a súa solidariedade coa gandeira asturiana ao ser vítima do envelenamento do seu semental, Palmero. Os feitos producíronse o día 4 en abril, e os resultados das analíticas que confirmaron que o animal fora envelenado fixéronse públicos a pasada semana, desencadeando moitas mostras de solidariedade por parte dos gandeiros de toda España.

Hai dous anos a gandeira asturiana xa perdeu outro semental en circunstancias parecidas. Foi o 9 de setembro de 2019 e o exemplar chamábase Serrano. Os feitos xa están denunciados ante a Guardía Civil e iniciouse unha investigación.

Lucía Velasco, gandeira de carne de Las Regueras, recibiu numerosos premios polo seu labor no IGP Ternera Asturiana e pola actividade innovadora da súa gandaría. Ademais, ultimamente converteuse na imaxe de todos os gandeiros que defenden o control do lobo tras vivir algúns ataques desta especie ao seu rabaño.

O grupo de gandeiras españolas, constituído por relevantes gandeiras e líderes de asociacións de diversas provincias, encabezado por Isolina Raña, Regina Monsalve, Jerónima Bonafé e a experta en medios de comunicación agropecuarios Silvia Soria, dirixiulle a seguinte mensaxe: “Como gandeiras entendemos a túa profunda dor por esta barbarie e condenamos enerxicamente estes feitos, queremos transmitirche o noso apoio e consolo porque só un gandeiro é capaz de entender a perda dun animal, xa non só económica senón emocional co agravante da forma en que transcorreron os feitos. Reclamamos ás autoridades competentes que accións como estas non fiquen impunes, non se pode tolerar este acoso ao gandeiro, nin os gandeiros nin ninguén pode vivir con medo”.

Nese sentido dirixíronse tamén a Adrián Barbón, presidente do Principado, e ao conselleiro de Desenvolvemento Rural, Agroganadería e Pesca, Medio Rural e Cohesión Territorial, Alejandro Calvo, así como á Delegada do Goberno en Asturias, Delia Losa, encarecéndolles a tomar medidas que impidan a actuación delituosa de persoas e ao control responsable do lobo.

Este grupo de gandeiras que impulsan a nova federación “Somos Tierra”, de Ganaderas Españolas, animan ás autoridades responsables a traballar activa, e coordinadamente coas asociacións gandeiras para garantir a súa actividade en todo o territorio, fonte da autonomía alimentaria do país e modelo de produción sustentable e economía circular, e único medio de manter a poboación nas aldeas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información