Baixada na recría en Amio

As mesas de prezos manteñen as cotizacións en becerros de abasto, vacún maior e Ternera Gallega

As cotizacións en Amio mantiveron esta semana unha tendencia á estabilidade, salvo no caso do gando de recría de cruces e rubia galega. Os prezos das calidades extra, boa e regular das femias e machos descostrados e lactantes baixaron 5 euros no caso dos cruces. Tamén sofriron esa baixada as femias destetadas de rubia galega e de cruces.

O resto das cotizacións decididas pola Mesa de Prezos de Abasto, as de vacún maior e becerros para sacrificio, repetiron esta sesión os valores da pasada semana. En Ternera Gallega, a Mesa de Prezos da IXP acordou por maioría de votos manter os mesmos prezos en todas as categorías e calidades, salvo na R de Ternera Gallega de ata 160 quilos, que baixa 4 céntimos por razóns de axuste técnico.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 2.142 reses, 38 menos que a pasada semana. Houbo 1.602 cabezas de vacún menor, 279 de vacún mediano e 242 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (5-IV-2017)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información