Baixada dos becerros de recría e suba do porcino en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse subir o porco cebado e o leitón e manter o prezo dos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 28 de xuño

Baixada dos becerros de recría e suba do porcino en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia /Abanca caracterizáronse pola lixeira caída nos prezos dos becerros de recría, tanto os de Frisona como os de Cruce Industrial, tras a suba rexistrada a pasada semana.

Así, nos becerros recría de Frisoa os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 117 euros, fronte aos 138 da pasada semana. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media foi de 153 euros por xato, sete menos que o prezo medio pagado o pasado martes. E nos tenreiros de máis de 51 días os prezos tamén baixaron ata os 174 euros, fronte aos 190 euros da semana anterior.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral tamén foi á baixa. A excepción foi a categoría de menos de 20 días, onde houbo uns prezos medios de 303 euros fronte aos 270 da pasada semana. Pola contra, na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos foi de 312 euros, fronte aos 321 da última poxa. En canto aos xatos de máis de 51 días, houbo una lixeira baixada: 424 euros de media para os machos, fronte aos 429 do pasado martes.

Pola contra, no vacún maior a tendencia xeral foi a unha lixeira suba. Deste xeito, quedaron en 1.076 euros de media en categoría primeira, 717 en segunda -a máis numerosa- e 432 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.072 , 715 e 417 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

SILLEDA_vacun28_XUÑO

Ovos e coello estables

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter as cotizacións para todas as categorías. Así, a L e a M quedaron en 1,12 e 1,08 euros a ducia, respectivamente. A XL e a S tamén se mantiveron sen cambios en 1,21 e 0,92 euros a ducia, respectivamente.

Nos coellos, en Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, as cotizacións non se moveron: quedaron nos 1,40 euros o kilo.

Suba do porco cebado e dos leitóns

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou unha semana máis subir os prezos; desta volta un 0,02% para as categorías Selecta e Normal, que quedaron nos 1,305 e 1,280 euros por quilo, respectivamente. A Canle II tamén subiu, un 0,026% ata 1,662 euros por quilo. Na categoría de desvelle a suba foi do 0,03% ata un intervalo de entre 0,64 e 0,70 euros o quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, tamén houbo unha suba, neste caso do 0,03%, ata os 1,600 euros o quilo, mentres que nos demais mercados europeos tamén houbo unha tendencia xeral á suba das cotizacións.

En canto aos leitóns, acordouse unha nova suba dos prezos, en concreto dun 1%. Deste xeito quedaron nos 40 euros os procedentes de varias explotacións e nos 45 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

SILLEDA_PORCINO28_XUÑO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información