Axudas do Ministerio para proxectos de investigación en apicultura

Axudas do Ministerio para proxectos de investigación en apicultura

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) publicou no Boletín Oficial do Estado un extracto da resolución do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) pola que se convocan as subvencións para a realización de proxectos de investigación aplicada no sector apícola e os seus produtos.

A convocatoria enmárcase no programa nacional de medidas de apoio á apicultura, cuxo obxectivo é mellorar as condicións xerais de produción e comercialización dos produtos apícolas.

Segundo establece a resolución, a contía máxima da axuda non superará a cantidade de 100.000 euros por proxecto subvencionable e convocatoria, coa única excepción de que se aprobase un único proxecto, nese caso a contía da axuda podería ascender a 300.000 euros, que é a totalidade do orzamento dispoñible para cada convocatoria.

Poderán presentar solicitudes de axuda as cooperativas agrarias, as sociedades agrarias de transformación, as agrupacións de defensa sanitaria e as agrupacións de calquera destas figuras que cumpran os requisitos establecidos no artigo 3 das bases reguladoras (Orde AAA/2571/2015, de 19 de novembro).

Para iso, as solicitudes de axuda cumprimentaranse segundo o modelo dispoñible na sede electrónica do MAPA, cuxo contido mínimo figura como anexo I da resolución. As solicitudes deberán ir acompañadas da documentación á que se refire o artigo 7 das bases reguladoras.

O prazo de presentación é de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto no BOE.

Na sede electrónica do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación atópanse dispoñibles distintos documentos para a cumplimentación das solicitudes, así como os datos de contacto para resolución de dúbidas inherentes a estas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información