Avais do goberno para a adquisición de maquinaria agrícola

Estas axudas, por valor de 2 millóns de euros, cubrirán ata o 100% do coste dos avais concedidos por Saeca a explotacións agrarias e empresas de servicios agrarios que subscriban créditos para adquirir maquinaria nova

Publicidade
Avais do goberno para a adquisición de maquinaria agrícola

A convocatoria está destinada á adquisición de maquinaria agrícola

Administración convocante: Ministerio de Agricultura

Enlace axuda: https://www.boe.es/boe/dias/2022/03/05/pdfs/BOE-B-2022-6894.pdf

Prazo: Ata 07/07/2022

Resumo:

O Goberno convoca subvencións por 2 millóns de euros destinadas á obtención de avais da Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria por parte de titulares de explotacións agrarias ou empresas de servizos que garantan préstamos para financiar a adquisición de maquinaria agrícola. O prazo de presentación das solicitudes comeza hoxe, 7 de marzo, e permanecerá aberto 4 meses. As bases da convocatoria están publicadas no BOE.

As axudas concédense en réxime de concesión directa por orde de presentación das solicitudes. O Ministerio de Agricultura subvencionará o custe do aval por un importe de ata 100.000 euros durante os 10 primeiros anos do crédito avalado, coa posibilidade dun de carencia.

Os custes do aval subvencionado inclúen o correspondente á comisión, isto é, un 1,15% do saldo vivo do crédito durante todos os anos de vixencia do mesmo, e o correspondente á comisión de estudo, é dicir, un 0,5% do importe solicitado, que se paga unha soa vez ao inicio do crédito.

A maquinaria adquirida deberá estar incluída no grupo de máquinas de obrigatoria inscrición nos Rexistros Oficiais de Maquinaria Agrícola. Isto inclúe, entre outras, tractores, remolques agrícolas, cisternas para o transporte e distribución de líquidos, equipos de tratamentos fitosanitarios ou de distribución de fertilizantes, esparxedores de purín, e accesorios de distribución localizada de puríns.

Desde o Ministerio afirman que “o obxectivo destas facilidades económicas é promover a renovación do parque de maquinaria agrícola, contribuíndo así á redución dos custos de produción, á mellor de condicións de seguridade no traballo e á incorporación de mellores prácticas agrarias desde o punto de vista medioambiental”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *