Amio recupera a afluencia habitual de gando e rexistra subas en Ternera Gallega

Amio recupera a afluencia habitual de gando e rexistra subas en Ternera Gallega

Gando no Mercado de Amio. // Foto de arquivo.

A afluencia de animais no Mercado de Gando de Amio (Santiago) comeza a recuperarse logo da baixada habitual rexistrada ó longo dos meses de verán. Esta semana contabilizáronse 2.232 reses, o que supón máis do dobre dos animais que asistiron a pasada semana. En concreto producíuse un incremento de 1.132 reses.

Houbo 1.897 cabezas de vacún menor, 1.086 exemplares máis que na feira anterior; 147 de vacún mediano (16 máis) e 188 de vacún grande, 30 reses máis que na pasada feira.

No referido ós prezos, esta semana a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega, que fixa as cotizacións coincidindo coa celebración do Mercado de Gando de Amio, acordou unha suba de 4 céntimos para as canais de Suprema e de 2 céntimos para as da categoría Tenreira.

En canto ós prezos rexistrados no mercado, a sondaxe realizada entre as persoas usuarias apunta a unha baixada de 5 euros na recría de raza Frisoa de menos dun mes e cunha calidade boa e regular. Por outra banda, prodúcese unha suba de 5 céntimos nos prezos das canais de matadoiro de ata 250 quilos de peso, coas clasificacións E, U, R, O e P.

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (25-VIII-2021).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información