Curso sobre a xestión empresarial dunha horta ecolóxica

Publicidade
Publicidade
Curso sobre a xestión empresarial dunha horta ecolóxica
Data inicio: 12/11/2021
Data fin: 16/11/2021
Lugar: Souto, s/n. 15319 Paderne (A Coruña)

A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, en colaboración coa Consellería de Medio Rural, organiza a xornada ‘Xestión empresarial dunha explotación hortícola ecolóxica’. A sesión impartirase os días 12, 15 e 16 de novembro no concello coruñés de Paderme.

No curso abordaranse cuestións como o desenvolvemento do plan empresarial e os principios básicos de economía da empresa agraria. Tamén propoñerán estratexias para mellorar ingresos e reducir custes e analizarán as oportunidades que ofrece a comercialización directa e as canles curtas para este tipo de explotacións.

As sesións impartirase no espazo de Coworking de Souto – Paderne, en horario de 09.30 a 14.50 horas. A formación correrá a cargo do Fogar do Santiso, produtores de horta ecolóxica e un dos exemplos máis destacados de Economía Circular dentro do ámbito da restauración e da produción hortícola.

A actividade está destinada a agricultores en activo, responsables e traballadores de empresas agroalimentarias, así como a aquelas persoas con solicitude de incorporación á actividade agraria ou en idade laboral e menores de 60 anos con expectativas de incorporación ao sector primario e a outras persoas interesadas.

Para asistir ás xornadas deberá enviarse a seguinte solicitude a diego.miranda@marinasbetanzos.gal.

cartel curso xestion

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *