A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Xornada online sobre vantaxes da monitorización en vacún de leite

A próxima semana desenvolverase o último webinar da serie ‘Rumiando los jueves’, organizada por MSD Animal Health

Xornada online sobre vantaxes da monitorización en vacún de leite

MSD Animal Health pecha a serie de webinars ‘Rumiando los jueves’ o vindeiro xoves 3 de decembro ás 12:00 horas. Farao cun seminario online dirixido a profesionais do sector de vacún de leite titulado “Vantaxes da monitorización en vacún de leite”. Pode accederse á inscrición nesta web.

Abrirá a sesión Ángel Revilla, que dará a benvida aos asistentes e presentará MSD Animal Health Intelligence, a nova unidade operativa de MSD Animal Health que agrupa as últimas adquisicións de compañías de intelixencia en saúde animal, achegando solucións intelixentes dixitalmente conectadas que promoven a saúde e benestar dos animais.

Despois Juan José Núñez, Key Account Manager de Allflex Livestock Intelligence, no seu relatorio ‘Introdución á monitorización: sistemas de monitorización de Allflex Livestock Intelligence’, falará das solucións que ten esta compañía de MSD Animal Health Intelligence para facer un seguemento do estado reprodutivo e de saúde das vacas.

‘Novas tecnoloxías aplicadas á recría de novillas Holstein’ será o relatorio impartido por Francisco Sebastián, de Cowvet, Xestión e Servizos Veterinarios S.L., onde nos falará da súa experiencia co uso dos sistemas de monitorización en novillas de leite.

Por último, Carolina Tejero, Técnico Veterinaria de Vacún de Leite de MSD Animal Health, falará sobre a aplicación práctica destes sistemas de monitorización na detección de problemas de saúde a través de casos reais en granxas, en ‘Predición da saúde a través da monitorización: casos prácticos’.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *