A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Seminario en liña sobre o uso de pensos suplementados con algas e fungos

O proxecto Micoalga - Feed aborda o uso de pensos suplementados con fungos e microalgas para previr enfermidades en gandería. O evento en liña terá lugar o xoves 3 de marzo e será gratuíto

Seminario en liña sobre o uso de pensos suplementados con algas e fungos

As investigacións están a demostrar os efectos positivos de suplementar pensos con algas e fungos elixidos.

O vindeiro xoves 3 de marzo, ás 10:00 horas, celebrarase un seminario en liña gratuíto sobre o proxecto Micoalga-Feed, onde representantes das empresas participantes explicarán como, a través dunha alimentación natural baseada no uso de fungos e microalgas, buscan reducir o uso de antibióticos en gandería. A incorporación destes compostos, con gran capacidade inmunomoduladora e antimicrobiana, permitirá mellorar o benestar xeral dos animais, reducindo por tanto o risco de enfermidade e a necesidade de tratamentos.

No marco das actividades de divulgación do proxecto, organízase este seminario en liña gratuíto que servirá como punto de partida para dar a coñecelo entre os distintos axentes do sector e público en xeral. Neste webinar, as empresas que conforman o grupo operativo supra-autonómico expoñerán os obxectivos e actividades a desenvolver no proxecto de innovación. Así mesmo, comentarán, de primeira man, o papel de cada unha das empresas e o positivo impacto que Micoalga-Feed xerará no sector agroalimentario nacional.

O webinar contará cos relatorios de representantes das catro empresas participantes no proxecto: Anxo Sanabria (Feuga), David Suárez (Neoalgae), Pomba López (Hifas Veterinary) e Elena Molinero (Grupo Uvesa).

O seminario en liña realizarase vía Teams e terá unha duración de 1 hora e 30 minutos. As persoas interesadas en participar poden inscribirse aquí na xornada. 

Micoalga-Feed é un proxecto de innovación cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural ( Feader) da Unión Europea e nun 20% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das devanditas axudas. O orzamento total do proxecto ascende a 524.847,66 euros e a subvención é de 505.519,66 euros.

Cartel info webinar MAF noticia FEUGA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *