Este sábado pola tarde celebrouse en Lugo a primeira poxa de gando selecto de raza Fleckvieh celebrada en Galicia. A subasta estivo organizada por GeneticAustria e Ganados Barreira e a ela acudiron máis de 50 gandeiros de toda Galicia, así como do Pais Vasco.
Os animais que sairon a poxa foron 5 xovencas preñadas e 5 vacas primeirizas en produción procedentes de ganderías austríacas e co aval e as garantías que ofrece GeneticAustria. A poxa celebrouse tras unha xornada informativa matutina no Hotel Torre de Núñez no que expertos na raza e gandeiros que traballan con ela expuxeron as vantaxes da Fleckvieh, un animal de dobre propósito, con bos rendementos tanto en leite (unha media de máis de 8000 litros por lactación e con elevadas porcentaxes de graxa e de proteína), como en carne (máis valor para os becerros e para as vacas de desvelle) e que destaca tamén polos seus bos datos de saúde e lonxevidade, cunha media superior aos 4 partos por animal, así como a súa mansedume.
O prezo de saída para as xovencas preñadas foi de 2200 euros mentres que para as primeirizas foi de 1900. O prezo máximo acadado na poxa foron os 2800 euros que pagou a gandería lucense Casa Gabino por Heidi, unha xovenca preñada.
Velaquí os resultados:
Xovencas preñadas:
– 265 AT 473 619 569 HASI: 2700 euros
– 35 AT 603 848 969 SONJA: 2350 euros
– 323 AT 334 782 969 SINDA: 2350 euros
– 420 at 313 352 469 HEIDI: 2800 euros
– 103 at 055 939 669 MITZI: 2450 euros
Primeirizas:
-AT 836 307 869 HALLELUJA: 2700 euros
-AT 194 848 169 VIDONA: 2100 euros
-AT 194 870 869 SILVERSTON: 2200 euros
-AT 755 978 868 WIOLA: 2550 euros.
-AT 194 868 569 FLACON: 2550 euros.
–