Os viños galegos participan estes días na Barcelona Wine Week

Publicidade
Os viños galegos participan estes días na Barcelona Wine Week

Unha edición máis, os viños galegos con distintivo de calidade participarán en Barcelona Wine Week, que se celebra desde hoxe e até o mércores, 7 de febreiro. Esta é unha das feiras sectoriais máis relevantes de España, cunha participación estimada de 850 adegas e máis de 70 selos de calidade.

No caso da Denominación de Orixe Monterrei contará cunha caseta propia, no que aqueles que se acheguen recibirán información sobre a tradición e historia vitivinícola, variedades de uva ou tipoloxía de viños, entre outros aspectos. Ademais, poderán coñecer de primeira man as elaboracións das seguintes adegas inscritas: Pazo das Tapias, Ladairo, Pazo de Valdeconde, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Fragas do Lecer, Franco Basalo, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Manuel Vázquez Losada, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Quinta do Buble, Terras do Cigarrón e Triay Adegas de Oímbra. 

Coa participación nesta feira, o D.O. Monterrei busca incidir sobre o sector profesional. “Estarán presentes 650 grandes compradores e importadores de países estratéxicos como Estados Unidos, Alemaña, Canadá, Países Baixos, Reino Unido ou China -indica o presidente do Consello Regulador, Jonatás Gago García- sen esquecer os preto de 1.000 compradores nacionais e os 20.000 visitantes profesionais que tamén acudirán a feira”. “Por este motivo, a participación de Monterrei non só reforzará a nosa imaxe de marca, senón que tamén axudará a impulsar novas canles de distribución e comercialización ás nosas adegas”, conclúe o presidente.

A DO. Valdeorras estará presente con 15 adegas

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras tamén terá espazo propio na Barcelona Wine Week, con 26 marcas de viño de 15 adegas da comarca.

“Estamos orgullosos de ser unha das 73 denominacións de orixe que participa neste foro”, sinala o presidente do Consello Regulador, José Ramón Rodríguez Castellanos. “Ademais de poder achegar os nosos brancos e tintos a diferentes prescriptres e públicos especializados, este salón signifícase especialmente por contar cun programa divulgativo moi interesante que inclue clases mestras e relatorios sobre as últimas tendencias do campo do viño ou sobre cuestións que afectan o noso ámbito de actividade, como pode ser a procura dun modelo de produción cada vez máis sustentable”, destacou o máximo responsable do D.O. Valdeorras.

Tamén os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra promocionaranse na capital catalá, coa presenza de 5 adegas da Denominación de Orixe:

  • Adega Saiñas C.B.

  • Dominio do Bibei S.L.U.

  • Finca Cuarta (Rubén Moure Fernández)

  • Pazo de la Cuesta S.L.U.

  • Viñas de Belesar S.L.U.

Este cinco adegas darán a coñecer ao público profesional que visite a feira o seu catálogo de viños, tamén outros viños do D.O. están presentes a través dos seus distribuidores ou representantes.

Todos eles acoden a esta feira coa finalidade de establecer novas relacións comerciais e de abrir novos mercados; e de manter os contactos xa existentes, así como dar a coñecer a nova anada e as novas elaboracións que caracterizan aos viños con Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información