Data inicio: 06/06/2022
Data fin: 10/06/2022
Lugar: CFEA - Centro de Formación y Experimentación Agraria de Monforte de Lemos, Rúa Alfredo Brañas, Monforte de Lemos, España
O centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos, dependente da Consellería do Medio Rural, acolle dende este luns varios cursos de formación e adquisición de competencias sobre estratexias de venda no sector agroalimentario. As accións formativas levaranse a cabo ata este venres, 10 de xuño, e cada unha terá unha duración total de 4 horas ao día, en quenda de mañá, que comeza ás 10:00 ata as 14:15 horas.
Os obradoiros abordan tanto aspectos teóricos coma prácticos sobre a venda e o estudo da mercadotecnia. Estas iniciativas están dirixidas ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira ou ás persoas con expectativa de incorporación, en concreto, á xunventude do medio rural.
As persoas interesadas poden obter máis información sobre os cursos na páxina da consellería de Medio Rural, onde se recollen tódas as accións formativas, así como formalizar a prescrición para os cursos. O coordinador do curso poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103 ou enviar un correo a ceca.monforte@edu.xunta.gal.