O grupo Aresa celebra este ano o seu 50 aniversario e faino reafirmando os seus valores, que guiaron a súa andaina neste medio século de vida: calidade, servizo e asesoramento ao cliente, innovación e sustentabilidade. E todo iso cun obxectivo fundamental, o de mellorar a rendibilidade de agricultores e gandeiros e axudar ao medio rural galego.
Aresa foi fundada por Álvaro Rodríguez Eiras en Lugo no ano 1971, nun baixo alugado na rúa Montirón. Dous anos máis tarde, Aresa trasladaba a súa sede á actual, na Avenida de Madrid número 187, onde constrúe a nave que alberga as súas oficinas centrais.
O fundador da empresa, Álvaro Rodríguez Eiras, empezou a traballar aos 18 anos na tenda do seu pai en Meira
Aresa dispón dunha ampla gama de fertilizantes sólidos, líquidos, solubles, ecolóxicos e nutricionais, coa formulación máis adecuada para cada terreo e cultivo e formatos que se adaptan ás necesidades de todo tipo de clientes, desde sacos de 25 e 40 quilos a big bags de 600 quilos ou camións de 24 toneladas.
A empresa complementa a súa gama de produtos con bioestimulantes, emendas cálcico-magnésicas, pensos, cereais, fitosanitarios, sementes e todo tipo de subministracións agrícolas, gandeiras, para horta ou xardín e para mascotas.
A empresa dispón de fábrica de abonos en Rábade e de pensos en Begonte, ademais de tendas en Lugo, Meira e Foz
Con ocasión do 50 aniversario do grupo, renováronse as páxinas web de Aresa e Cecoagro para mellorar a experiencia dos usuarios, cunha estrutura de navegación doada e con todos os contidos que poden resultar de interese, co obxectivo de seguir dando a coñecer a empresa, os seus servizos e os seus produtos.
Un fertilizante adaptado a cada cultivo
En 1987 Aresa adquire en Rábade a súa primeira gran planta de fabricación, de 4.000 m2, cuxa capacidade terá que ser duplicada en tan só 10 anos. Así mesmo, a partir de 2019 Aresa potenciou a súa planta de blending e desenvolveu a nova gama de fertilizantes técnicos, Protech, que introduce as últimas tecnoloxías dispoñibles en materia de fertilización, especialmente dispoñibles para minimizar as perdas de nutrintes e optimizar a súa dispoñibilidade.
Aresa potenciou a súa planta de blending e desenvolveu a nova gama de fertilizantes técnicos Agroland Protech, que minimizan as perdas de nutrintes e optimizan a súa dispoñibilidade
Entre a ampla gama de fertilizantes que fabrica Aresa atópanse desde o clásico Fertimón; Fertiland, unha gama de abonos complexos dispoñible para os principais cultivos de Galicia; Expertise, desenvolvidos para corrixir as carencias nutricionais dos chans; Forestland, con tecnoloxía de encapsulado para unha liberación controlada; ou Agroland Garden para horta e xardín.
Cecoagro, pensos para todo tipo de gando e mascotas
En 2003 nace Cecoagro, un almacenista de produtos agrícolas e gandeiros, que conta cunha fábrica de pensos de gandería localizada en Begonte, onde fabrica, entre outros, os pensos Avantis para vacún, porcino, aves, coellos, ovino e equino.
Nos últimos anos a empresa emprendeu unha nova etapa de expansión, estando hoxe presente en 40 países coas súas liñas de penso de mascotas Avantis, Petcool e Pure
Nos últimos anos, o Grupo Aresa emprendeu unha nova etapa de expansión, abordando novos mercados, tanto nacionais como internacionais, estando a día de hoxe presente en 40 países coas súas liñas de penso de mascotas Avantis, Petcool e Pure.
Todocampo, todo en xardinería e subministros
En 2002 fúndase Todocampo, cadea de tendas de produtos para a agricultura, gandería, xardinería e mascotas, que conta na actualidade con tres tendas, en Lugo, Meira e Foz.
Desde 2018, e xa con Carlota López Pardo como adxunta á presidencia, o grupo Aresa iniciou unha nova etapa de apertura a novos mercados, estando presente na actualidade en Castela e León, Asturias e Portugal, onde prosegue o seu proceso de expansión en todo o noroeste peninsular.
Aresa está presente tamén en Castela e León, Asturias e Portugal
Son mercados onde a empresa lucense fai valer a súa ampla experiencia de medio século centrada na distribución e comercialización de produtos para a agricultura e a gandería.
Os premios Aresa, un recoñecemento ao rural
No ano 2000 póñense en marcha os Premios Aresa. Unha iniciativa que, da man da USC, recoñece e premia cada ano a empresas, grupos de investigación, asociacións ou calquera outra entidade que contribúa co seu labor ao desenvolvemento da economía rural de Galicia.
O Premio Aresa é un galardón con máis de 20 anos de traxectoria que recoñece a empresas, grupos de investigación, asociacións ou entidades que contribúan co seu labor ao desenvolvemento da economía rural de Galicia
É unha das contribucións do grupo Aresa ao mundo agrario galego e á investigación universitaria, onde o grupo empresarial lucense tamén conta cunha Aula Aresa na Facultade de Veterinaria de Lugo. O Campus Terra da USC naceu coa intención de transformar o campus de Lugo nun referente científico e social no ámbito da sustentabilidade económica, social e ambiental do uso da terra, un obxectivo compartido por completo por Aresa.
Distincións da CEL e a USC
Distinguido pola Universidade de Santiago polo seu apoio a distintias iniciativas e pola súa contribución á relación entre o sector o empresarial e a sociedade, Álvaro Rodríguez Eiras foi tamén o primeiro presidente da Confederación de Empresarios de Lugo e da Confederación de Empresarios de Galicia. Froito da súa preocupación polo desenvolvemento do medio rural galego, Don Álvaro segue vinculado á CEL dirixindo o comité de expertos da Fundación Agroalimentaria de Galicia.
Seguindo o seu exemplo e aliñado cos seus valores, o compromiso, a tradición, a innovación, a orientación ao cliente e a sustentabilidade, o grupo Aresa e todos os que traballan nel, centran os seus esforzos día a día en prestar un servizo personalizado aos seus clientes, baseado na calidade e a confianza, traballando para poder seguir ao seu lado outros 50 anos.