A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

O GDR 4 adicará 470.124,85€ para dinamizar o rural nos 7 municipios da comarca de Lugo

Cubríronse a totalidade de fondos destinados á posta en marcha de proxectos para a actual convocatoria, o que implica unha execución do 100% do orzamento dispoñible

Un momento da Xunta Directiva do GDR 4 na que se aprobaron os proxectos desta convocatoria

Un momento da Xunta Directiva do GDR 4 na que se aprobaron os proxectos da actual convocatoria

A Xunta Directiva do Grupo para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo (GDR 4) vén de aprobar a selección de proxectos para subvencionar distintas iniciativas de dinamización do rural nos sete municipios que engloba (Friol, O Corgo, Castroverde, Guntín, Outeiro de Rei, Rábade e a zona rural de Lugo).

As axudas cubrirán ata o 50% en proxectos produtivos e ata o 90% en proxectos non produtivos do total do coste dos proxectos, tanto en actuacións promovidas polas entidades públicas como privadas, unha financiación que se producirá con cargo aos programas europeos Leader e Feader.

O ámbito de actuación do GDR 4 abrangue os concellos de Friol, O Corgo, Castroverde, Guntín, Outeiro de Rei, Rábade e a zona rural de Lugo

A Xunta Directiva explicou que nesta convocatoria cubríronse a totalidade de fondos destinados á posta en marcha de proxectos, o que implica unha execución do 100% dos fondos destinados.

O presidente do grupo e alcalde de Friol, José Ángel Santos, alenta a todos aqueles emprendedores e emprendedoras a que se poñan en contacto con eles. “Animo a todos os interesados a que elaboren as súas propostas canto antes ou que se dirixan á sede do GDR para coñecer en detalle os requisitos destas axudas Leader, pois son dun calado importante para amparar iniciativas de desenvolvemento en distintos sectores”, comentou.

Animo a todos os interesados a que se poñan en contacto coa sede do GDR pois as axudas son dun calado importante e poden amparar iniciativas en distintos sectores

José Ángel Santos mostrouse orgulloso polos bos resultados do grupo de desenvolvemento rural e confía en que se dea visibilidade ao traballo que se realiza con estes fondos europeos.

Solicitudes

En canto a solicitudes recibidas, nesta convocatoria alcánzanse os 2.809.811,58€ en proxectos produtivos e 411.568,56€ en proxectos non produtivos, que, tendo en conta os fondos asignados ao GDR 4 nesta convocatoria, sería necesaria unha ampliación de fondos de 597.550€ para que se puidesen financiar todas as solicitudes que se recibiron.

Os proxectos recibidos suporían a creación de 38 postos de traballo

Por outra banda, no que se refire ao emprego, os proxectos recibidos no GDR 4 suporán a creación e consolidación de 38 empregos. Aínda que xa se realizou a selección de proxectos, a convocatoria permanece aberta todo o ano para que poida presentarse en calquera momento e unha vez se faga a acta de non inicio, os emprendedores poidan xa empezar ao seu ritmo cos traballos que consideren para a posta en marcha do proxecto.

Balance

En anteriores convocatorias, as axudas do GDR 4 permitiron poñer en marcha un hotel cultural, unha carpintería metálica, un centro colaborativo e unha clínica dental en Friol, mellorar a accesibilidade dun hotel no Corgo, a ampliación dunha residencia canina en Outeiro de Rei, un centro de lavado de cisternas en Castroverde e a creación dun espazo multidisciplinar e polivante de uso público en Rábade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *