A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

LG Starcover, sementes de millo potenciadas por dous bioestimulantes

Os ensaios realizados pola Universidade de Turín durante dúas campañas certifican un aumento do rendemento medio do 5% nas sementes que incorporaron o bioestimulante, en comparación coas estándar

LG Starcover, sementes de millo potenciadas por dous bioestimulantes

Campo de ensaio de LG en Lalín, nunha xornada de campo do 2019. / Arquivo.

Limagrain desenvolveu unha tecnoloxía de última xeración, Starcover, que incorpora nas súas mellores variedades de sementes de millo. Starcover é un bioestimulante conformado por dous compostos, un extracto de planta xunto cunha bacteria viva. Estes dous compostos actúan favorecendo un maior crecemento das raíces e desbloqueando nutrientes, o que permite unha maior absorción de nutrientes pola planta.

Os resultados de Starcover foron testados durante dous anos consecutivos (2018 e 2019) en ensaios da Universidade de Turín, que comprobou un aumento do rendemento dun 5,4% no 2018 e dun 4,6% no 2019, en comparación coas mesmas variedades de semente sen bioestimulante.

Comparación do rendemento coa aplicación de 'Starcover' e coa mesma variedade estandar, sen o bioestimulante. Fixéronse ensaios sen fertilizante (NT, Non Tratada) e con fertilizante diamónico (DAP).

Comparación do rendemento coa aplicación de ‘Starcover’ e coa mesma variedade estandar, sen o bioestimulante. Fixéronse ensaios sen fertilizante (NT, Non Tratada) e con fertilizante diamónico (DAP).

Os efectos do bioestimulante son visibles desde a etapa de implantación, xa que hai mellor nascencia, maior vigor de partida e un mellor desenvolvemento, acompañado ademais dunha sanidade adecuada.

A diferenza doutros produtos, como os ‘starter’, que só teñen incidencia no arranque da planta, o bioestimulante Starcover actúa durante todo o ciclo de cultivo, chegando á colleita, na que, neste ensaio, evidenciouse unha redución de micotoxinas, en concreto de fumonisina e de deoxynivalenol (DON), respecto das mesmas variedades sen esta tecnoloxía.

Estrés hídrico
A tecnoloxía Starcover é parte dun ambicioso proxecto que LG está a desenvolver para reducir o efecto dos problemas agroambientais que afectan ó rendemento da produción dos
híbridos de millo, tanto agora como no futuro. Nun contexto marcado polo cambio climático, Limagrain oriéntase a reducir o impacto causado por factores limitantes, como a auga ou o estrés nutricional, mesmo cando as condicións do solo son desfavorables.

Os ensaios demostran que as variedades con Starcover teñen un maior rendemento, que resalta especialmente cando as dificultades aparecen, estrés hídrico ou terreos con maiores irregularidades.

A tecnoloxía 'Starcover' potencia as raíces secundarias.

A tecnoloxía ‘Starcover’ potencia as raíces secundarias.

Parcelas de potencial medio
Por tanto, en parcelas con potencial medio-baixo, o incremento de rendemento é moito maior. Nos ensaios desenvolvidos por LG no período 2017-2019, comprobouse como en terreos medios, o aumento de produción situouse nunha media do 7,24%, en tanto en terreos de alta produción nun 2,71%.

A diferenza de rendementos é máis perceptible en parcelas de potencial medio ou baixo.

A diferenza de rendementos é máis perceptible en parcelas de potencial medio ou baixo.

En moitos casos, as diferenzas a primeira ollada entre unha variedade estándar e a mesma variedade con Starcover son apenas apreciables, pero esas pequenas diferenzas son as que marcan o aumento de rendemento: máis raíces secundarias, máis sanidade, mazorcas mellor rematadas ou con algunha fila máis.

Se se analizan con técnicas dixitais dous campos da mesma variedade de millo en condicións iguais, unha con Starcover e outra sen o bioestimulante, compróbase que a variedade con Starcover presenta maior vigor vexetativo e un aumento do nitróxeno foliar. Iso quere dicir que a súa capacidade de absorción de nutrientes é maior.

En definitiva, a incorporación do bioestimulante ás sementes ofrece unha maior rendibilidade.

Máis información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *