Un ano máis, Semillas LG pon a disposición dos gandeiros o catálogo máis amplo e completo do mercado.
Desde hai anos, gran parte da actividade investigadora da marca centrouse na mellora da eficiencia e a produtividade das gandarías mediante o uso de variedades de sementes que aporten unha mellor dixestibilidade, o que permite reducir os custos de alimentación.
A forte especialización de Semillas LG no ámbito da alimentación gandeira levou á creación dunha serie de gamas que buscan facilitarlle aos agricultores a elección da variedade máis adecuada en cada caso:
- O logo LGNA® identifica aquelas variedades que achegan un equilibrio perfecto para o gandeiro: variedades con excelente rendemento, alta dixestibilidade e excelente comportamento a nivel sanitario.
- Os híbridos co label HDi® designan ás variedades onde a dixestibilidade de fibras está moi por riba da media. Se en LG traballamos en variedades con alta dixestibilidade, as variedades HDi son as que máis destacan do noso catálogo.
- Starplus é un novo label para variedades con alto contido e alta degradabilidade de almidón. Sabemos que a cantidade de almidón é importante, pero do mesmo xeito que pasa nas fibras, tamén é necesario fixarse na calidade deste. Por iso, identificamos as variedades que destacan pola súa elevada degradabilidade ruminal do almidón, que lle achegan un plus de enerxía á ración e que melloran a eficiencia económica.
- A calidade é o noso sinal de identidade, pero a seguridade dos nosos produtos é outro dos factores que marca a diferenza. Por iso, traballamos en aportar valores engadidos e garantir a colleita, mesmo en condicións difíciles.
Os últimos anos estamos a sufrir fortes variacións climáticas importantes e, sobre todo, estamos a vivir veráns con períodos prolongados sen choivas. Isto, unido a temperaturas elevadas e vento, fai que o solo se seque moi rápido e, nas nosas condicións de secano, esta situación provoca grandes problemas nos rendementos de millo.
Para axudar a paliar as secas estivais, Semillas LG leva anos traballando na procura de variedades cunha maior tolerancia ó estrés hídrico. Agora, estas poden identificarse co logo HYDRANEO.
- LG 31.219, alto rendemento nun ciclo ultracorto.
- LG 31.390, a combinación perfecta entre calidade de fibras e almidón, ‘silo gourmet’
- LG 31.455, potencial e calidade de silo en ciclo 400, “o millo campión en rendemento”.
- LG 31.621, máximo rendemento e calidade de silo.
Gama Starcover, bioestimulantes para un mellor desenvolvemento
Limagrain comercializa desde hai 4 anos a súa tecnoloxía Starcover, que contribúe a que as variedades expresen todo o seu potencial.
StarCover está composto por dous bioestimulantes diferentes: o primeiro produce un incremento da superficie radicular, conseguindo que as raíces da planta abarquen máis superficie no solo, polo que aumenta a súa capacidade de chegar a máis nutrientes; o segundo bioestimulante actúa en simbiose coas raíces das plantas, solubilizando o fósforo bloqueado, á vez que constitúe un escudo protector para as raíces.
Estes dous bioestimulantes fan un efecto exponencial, conseguindo na planta máis, e mellores, raíces, plantas máis sas, máis produtivas e con máis calidade para forraxe.
Este ano ademais presentamos Starcover Secure, que ofrece protección funxicida extra, protección insecticida e un efecto de control fronte a paxaros. Desta forma, preténdese evitar calquera contratempo que poida dificultar conseguir un silo abundante e de calidade.
O ultimo label que presentamos este ano é Secure Bird Repellent, que identifica ás variedades que contan cun repelente fronte a paxaros.
Novidades en catálogo e variedades destacadas
Grazas ao traballo realizado en investigación, o novo catálogo de Silo e Forrajeras inclúe as seguintes novidades:
Estas súmanse a variedades lanzadas o ano pasado, como Bowen ou LG 31.388, e a outras xa referentes na zona, como son LG 30.369 ou LG 30.444.
O novo catálogo xa está dispoñible na páxina web de LG:
Pódese descargar neste enlace o catálogo de silo e forraxeiras.
Na web atópase tamén, en formato descargable, a Guía de Ensilado creada por LG, onde se tratan temas como o rumen, a sementeira e a colleita, o silo, a ración e a rendibilidade. Ademais, o Blog de LG, que se converteu xa nun referente de contido agrícola de excelente calidade, ten noticias, Apuntamentos Técnicos e información agronómica elaborada por especialistas para coñecer mellor o manexo e dificultades dos diferentes cultivos.
A oferta de sementes de Silo e Forraxeiras de LG é o resultado da súa aposta pola mellora da produtividade das explotacións gandeiras, así como por darlle o mellor servizo aos agricultores.