IX Rapa das bestas no monte veciñal de Carballo

Publicidade
Data inicio: 30/07/2017
Data fin: 30/07/2017
Lugar: Carballo, Friol, Lugo, España

A comunidade de montes de Carballo (Friol, Lugo) organiza o próximo domingo 30 de xullo a súa tradicional Rapa das Bestas. O evento, que chega a súa novena edición, comezará sobre as 9 da mañá, coa baixada dos cabalos do monte ata o curro, no que se desenvolverá a rapa a partir das 12 horas.

Haberá xantar popular, cun servizo de bar e carpa, e a organización tamén disporá un espazo expositivo e de degustación de produtos elaborados con carne de cabalo e porco celta. Xa pola tarde, a partir das 16.30 horas, haberá carreiras de galope, carreira de andadura serrada (18 horas) e xincana popular (18.30 horas).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *