A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

‘Instalacións e saúde no manexo da recría’, próximo webinar de MSD

‘Instalacións e saúde no manexo da recría’, próximo webinar de MSD

Box de recría. / Arquivo.

No marco da súa serie de xornadas online ‘Rumiando los jueves’, MSD Animal Health programou para este xoves 19 o webinar ‘Instalacións e saúde no manexo da recría’, que terá lugar ás 17:30 horas. Pode accederse a través desta web, na que será precisa a inscrición previa. O webinar poderase seguir tanto en directo como en diferido, igual que as anteriores xornadas online realizadas.

Laura Elvira, Directora Técnica da Unidade de Rumiantes de MSD Animal Health, dará a benvida a esta sesión online, que constará de dous relatorios a cargo de dous expertos en recría.

Ryan Leiterman, Director dos Servizos Técnicos de Crystal Creek® falará dos ‘Por que’ e os ‘Como’ da ventilación. Así, mostrará algúns puntos básicos no deseño da ventilación nas casetas das tenreiras e contaranos como a psicoloxía humana influíu na maneira de levar a cabo estes proxectos.

Despois Carlos Carbonell, Técnico Veterinario de Vacún Reprodutor de MSD Animal Health, impartirá o relatorio ‘Aspectos prácticos no deseño e manexo das instalacións da recría’, na cal explicará paso a paso os puntos crave a ter en conta no deseño e manexo das instalacións nos primeiros meses de vida das tenreiras.

Estas xornadas online, que se achegan ao seu final, complementan a información periódica que MSD lle fornece ao sector a través da páxina web www.vacunalavaca.com e das redes sociais @vacunalavaca en Facebook e Instagram.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *