Impex Europa S.L., a empresa de Vilagarcía líder en España e Portugal en fabricación e venda de raticidas, lanzou o novo anuncio do seu popular raticida Ratibrom. Para a súa elaboración, contaron coa participación protagonista do actor Alfonso Agra, popular pola súa aparición en numerosas series televisivas e que desde hai anos é a imaxe da marca.
O anuncio gravouse no Bar Galicia (Miño, A Coruña) e na peza chancéase coa praga de ratas e ratos que afecta nos últimos meses a Nova York (Estados Unidos), cidade na que se estima unha poboación de varios millóns de roedores.
O novo anuncio de Ratibrom, que xa se está difundindo en televisión, presenta o ‘Ratibrom vermello’, o tradicional de sempre, e tamén o ‘Ratibrom Azul’, que ten unha efectividade instantánea. Ambas as solucións constitúen as mellores alternativas para usuarios domésticos e profesionais.
Pode verse o anuncio aquí: