A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

ICL participa en xuño en Asturforesta 2021

ICL participa en xuño en Asturforesta 2021

Do 17 ao 19 de xuño, na feira Asturforesta (Tineo, Asturias), a empresa de fertilizantes ICL vai retomar a súa participación presencial en eventos agrarios. O evento, que chega a súa XIII edición, desenvolverase no Monte Armayán de Tineo (Asturias). A compañía disporá alí dunha caseta na que se atenderá aos clientes e profesionais, seguindo todos os protocolos de seguridade marcados pola Covid-19.

Na feira, ICL mostrará os seus produtos líderes no sector forestal, como son Agroblen e Agromaster, mostrando as súas novas formulacións e formatos adaptados a este cultivo especializado, destacando as novidades Agroblen V-Factor, Agromaster especial eucaliptus e Agroblen Tablet.

En Galicia, convén lembrar que finalmente o certame Galiforest, que se ía a celebrar este ano tras a súa suspensión de 2020, decidiu o seu adiamento até xuño de 2022, polo que Asturforesta e Galiforest continuarán celebrándose en anos alternos.

Xornadas online de Expoliva
Doutra banda, a marca continúa coa súa activa participación en diversos eventos organizados de forma online no sector agrario e o próximo 12 de maio tamén vai estar presente de forma virtual na feira Expoliva, que este ano se celebra a través de charlas e coloquios retransmitidos en streaming por internet.

Este ano 2021 celébrase o XX Aniversario de Expoliva, polo que ICL quixo estar presente participando na mesa redonda titulada “Innovación e estado actual no ámbito dos tratamentos da oliveira”, na que intervirá Francisco Morell, Agronomy Europe Lead de ICL, que destacará os aspectos nos que os fertilizantes de última xeración poden axudar á sustentabilidade do cultivo do oliveiral e á mellora da produción e a calidade da oliva.

Para inscribirse nestes eventos ou conseguir entradas pode acceder aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *