FERTIPRADO, empresa de referencia en sementes pratenses, en colaboración co Instituto de Tecnoloxía Química e Biolóxica, da Universidade Nova de Lisboa e a consultora Consulai, desenvolveu un novo procedemento que permite obter, por micropropagación, clons de varias especies. Estes clons son probados, cruzados e multiplicados para obterse novas variedades.
“Grazas a este novo proceso conseguimos obter máis variedades novas en menos período de tempo”, explica José Freire, director de márketing de FERTIPRADO. En concreto, a micropropagación permite aforrar de catro a cinco anos en relación ao proceso tradicional.
A mellora vexetal tradicional é un proceso lento e caro. Para obterse unha nova variedade son necesarios moitos anos, para a selección, mellora, homoxeneización e estabilización da xenética dos individuos que constitúen as poboacións desa nova variedade.
Pedro Fevereiro, profesor do ITQB, destaca que “o proxecto se desenvolveu moi ben, porque a través de cultivo in vitro conseguimos obter poboacións clonais que foron entregadas a FERTIPRADO, probadas e multiplicadas todos os anos, para obter novas variedades con mellores características”.
“Agora, -adianta o investigador- estamos na fase de homoxeneización destas novas variedades e nós continuamos a acompañar o proceso”, a través doutro proxecto no ámbito dos programas de conservación e mellora do Proder, un proxecto que cuxo obxectivo é lograr o rexistro dalgunhas destas novas variedades que foron desenvoltas na primeira fase do proxecto.
Resultados positivos para obter “trevos de elite”
Tamén a directora de I&D de Fertiprado, Ana Barradas, móstrase moi satisfeita cos resultados do proxecto, debido a que se concluíu que “é posible micropropagar in vitro diferentes especies de trevos anuais; conseguimos axustar os medios de cultivo de forma que controlamos os procesos de desenvolvemento das plántulas”.
“Foi posible aclimatar con éxito a gran maioría das plantas propagadas in vitro e transferilas con éxio ao medioambiente; e unha vez no exterior presentan fenotipos e respostas fisiolóxicas semellantes ás plantas nai. O seguinte paso foi obter sementes resultantes da polinización de plantas do mesmo xenotipo”, destaca.
Ana Barradas engade que o proxecto tiña como obxectivo desenvolver novas variedades de especies de trevos elite que presentasen mellores características en canto a produción de sementes e de biomasa. Especies como o Trifolium resupinatum (trevo persa), T. incarnatum (trevo encarnado), T. vesiculosum (trevo vesiculoso), T. michelianum (trevo migueliano), T. alexandrinum ( Bersim) e T. isthmocarpum.
Nestas especies é difícil obter un número adecuado de sementes resultantes da polinización controlada (a causa do reducido tamaño dos órganos florais) ou da autopolinización (debido á auto-incompatibilidade).
“Por iso, neste proxecto utilizáronse, con éxito, métodos de micropropagación in vitro para lograr aumentar o número de individuos e permitir, por unha banda, a obtención dun maior número de sementes resultantes da autopolinización (entre plantas do mesmo xenotipo) e a obtención dunha descendencia híbrida resultante do cruzamento entre dous xenotipos con características fenotípicas moi distintas”, explica a responsable de FERTIPRADO
Novo saco de 25kg
FERTIPRADO reduciu o tamaño dos seus sacos para unha maior comodidade para o agricultor. Así, a partir de agora todas as sementes das súas mesturas son vendidas en sacos de ata 25kg: máis lixeiros, ergonómicos e confortables.
Consulte a dosificación de sementa xunto cos nosos técnicos.