Luis Miguel Landreiras, é responsable de viticultura en Quinta das Arcas, unha adega con cerca de 200 hectáreas de viñedo na rexión dos Vinhos Verdes de Portugal, ao que suma máis de 40 hectáreas de viticultores colaboradores.
“Nesta adega defendemos que un solo con cuberta vexetal é un solo máis produtivo, melloramos a estrutura do solo, ao tempo que reducimos o uso de herbicidas e de adubos de síntese”, destaca o técnico.
Neste sentido, contan coa colaboración de Fertiprado, empresa líder en produción de sementes de pratenses, que tamén lles ofrece un asesoramento técnico ao longo de todo o proceso.