Data inicio: 14/03/2020
Data fin: 14/03/2020
Lugar: Betanzos, España
Betanzos acolle o próximo 14 de marzo o VII Encontro da Rede Galega de Sementes. A cita celebrarase no antigo matadoiro e contará con mesas de intercambio de sementeiras así como un mercado de produtos ecolóxicos.
Tamén haberá obradoiros sobre o cultivo de cogomelos ou o viño de Betanzos. A xornada contará con actuacións musicais e un xantar popular.
A continuación, detallamos o programa do encontro:
10.30 horas. Apertura da mesa de Troco de Sementes e Mercado de produtos ecolóxicos e artesanais. Os asistentes poderán levar as súas sementeiras para trocalas cos participantes.
12.00 horas. Obradoiro de micorrizado e cogomelos en tronco. As persoas interesadas poderán levar o seu propio tronco, cun diámetro de entre 8 e 20 centímetros para participar na sesión.
13.30 horas. Actuación das pandereteiras Pesquedellas.
14.30 horas. Xantar popular.
17.00 horas. Mesa redonda: O viño de Betanzos: pasado, presente e futuro.
17.30 horas. Concerto infantil con Xabi Longueirón. Tamén haberá un espazo de xogos tradicionais.
19.30 horas. Peche da mesa de troco. A mesa estará pechada tamén entre as 14.30 e as 16.30 horas.
Foliada popular “Os do Xalo”.
A iniciativa conta coa colaboración do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, que habitualmente dispón dun posto, así como do Sindicato Labrego Galego e do Concello de Betanzos.