Cita cos produtos da apicultura galega o vindeiro sábado en Allariz

Cita cos produtos da apicultura galega o vindeiro sábado en Allariz

Na presentación do evento estiveron presentes Noela Torres, técnica de AGA, Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente e María López, concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo.

A vila ourensá de Allariz celebrará o vindeiro sábado día 4 de setembro a III Feira dos Produtos Apícolas. Un evento que tenta consolidarse coma unha das feiras de referencia do sector en Galicia, logo do parón do ano pasado por mor da pandemia.

12 postos de Galicia e Portugal e os apicultores locais amosarán os seus produtos apícolas no entorno da Praza do matadoiro (no exterior do mercado da reserva da Biosfera) en horario de 10h a 14h e de 17h a 20h. O visitante poderá tamén coñecer unha gran variedade de meles, os diferentes produtos da colmea, como o pole ou o própole e outros derivados da mel coma poden ser infusións, cervexas ou cosmética apícola. Ademáis, na feira haberá postos de venda de material apícola.

Por outra parte, durante a xornada terá lugar unha actividade de degustación de meles cinco estrelas vinculada ao programa apiturismo de teu xacobeo 2021-2022.

Asociación Galega de Apicultura e Concello de Allariz organizan de forma conxunta esta feira coa intención de pór en valor este produto e todos os seus derivados. Ao longo do ano AGA e Concello colaboran tamén con iniciativas como o Día da Abella ou a través de cursos de formación  para o sector.

Na presentación do evento estiveron presentes Noela Torres, técnica de AGA, Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente e María López, concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo.

ALLARIZ FERIA APICOLA_2021-01ok

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información